Publicouse a Resolución do 2 de xullo de 2025, da Secretaría de Estado de Presupuestos y Gastos, pola que se ditan instrucións sobre o pagamento ao persoal do sector público estatal do incremento retributivo adicional do 0,5 por cento.
ESTA NORMA SÓ SE APLICA AOS FUNCIONARIOS QUE ESTIVERAN DESTINADOS EN TERRITORIOS DO ÁMBITO MINISTERIO DENDE O 1 DE XANEIRO DE 2024.
Nesta resolución, indícase que se vai pagar de oficio sen ter que facer nada ao persoal que non cambiara de destino dende o 1 de xaneiro de 2024.
Pola contra, terá que solicitar o pagamento ao órgano de persoal do centro que aboou as retribucións o persoal que cambiara de destino ou de administración dende o 1 de xaneiro de 2024 e tamén o persoal que non estivese en servizo activo tamén dende esa data.
Polo tanto, o persoal que na actualidade estea destinado en Galicia, pero que despois do 1 de xaneiro de 2024 prestara servizos en órganos de territorios do ámbito Ministerio, deberá solicitar o pago dos atrasos ao órgano de persoal correspondente.
A solicitude deberase facer segundo un modelo que figura na propia resolución. Para maior facilidade, pódese descargar aquí o modelo.
STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras