Dende a Dirección Xeral de Xustiza nos acaban de informar do seguinte, con respecto ao Aboamento 0,5% vinculado a la evolución del IPCA:
Está previsto que o incremento salarial do 0,5% derivado do Real Decreto-ley 4/2024, de 26 de junio, se aboe ao persoal funcionario da Administración de Xustiza de Galicia, con efectos retroactivos, coa seguinte distribución:
- A partir da próxima nómina do mes de xullo actualizaranse as retribucións aplicando o incremento do 0,5%, e, na nómina deste mes, aboaranse os atrasos correspondentes ao ano 2025 (de xaneiro a xuño).
- Na nómina de agosto de aboaranse os atrasos correspondentes ao ano 2024 (de xaneiro a decembro)
STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras