No día de onte STAJ presentou escrito solicitando a convocatoria urxente do Comite de
Seguridade e Saúde Laboral de Xustiza debido ao gran aumento de casos
positivos dentro do colectivo da Administración de Xustiza, e véndonos inmersos
actualmente na terceira onda da pandemia do coronavirus.
Dende o STAJ propoñemos que se traten os seguintes puntos:
-Actualizar o Protocolo Covid-19 en todos os órganos xudiciais de Galicia, pedimos que se estableza un Protocolo máis restritivo que garanta a saúde dos funcionarios e cidadáns extremando as medidas, reducindo o horario a 6 horas e volvendo ao protocolo fixado no mes de maio Orde JUS/394/2020, do 8 de maio (BOE 9 de maio), onde o número de efectivos que deben acudir a prestar servizos en cada centro de traballo redúcese a un 60 ou un 70%.
-Extremar
as medidas de protección debido á incidencia da pandemia en todos os postos de
traballo con atención directa ao público: Rexistros Civís, Guardia, SCNE,
Oficinas de Atención á Victima, Decanatos, Salas de vistas, Xulgados de Paz,
etc. Dende mediados de decembro autorizouse pola DXX a dotación de máscaras
FFP2 ao persoal do corpo de xestión procesual e administrativa e do corpo de
auxilio xudicial que practican de actos de comunicación e lanzamentos.
O STAJ segue solicitanto que se doten destas máscaras FFP2 aos compañeiros destinados nos Rexistros Civís, Imelgas, Oficinas de Atención á Vítima, Decanatos, Auxilios Xudiciais que acoden ás salas de vistas, e todo aquel persoal que teña contacto directo coa cidadanía.
-Fomentar o Teletraballo como medida de contención e freo, pois a día de hoxe atopámonos, segundo datos oficiais, nos peores niveis de casos activos por coronavirus en Galicia. Propoñemos que se amplíe a porcentaxe de persoas que poden teletrabajar en cada órgano xudicial, podendo rotarse e participar así todo o persoal, dando as instrucións para que se autorice por cada superior xerárquico.
-STAJ tamén vai esixir que debido ao incremento de casos positivos dentro da administración de xustiza, sexan aclaradas unha serie de cuestións que afectan as medidas que se adoptan ou se adoptaron con respecto aos traballadores que tiveron trato directo con persoas cuxas probas deron positivo, así como os rastrexos que puidesen levar a cabo.
-Cremos imprescindible que se realicen PCR masivos nos centros de traballo que tiveron contaxios os últimos 15 días. Ademais deben de pecharse aqueles órganos xudiciais onde se detecte un positivo ata que se practiquen as probas pertinentes ao resto dos compañeiro/as.
-Debe garantirse o abastecemento de EPIs en todos os centros xudiciais, permitindo o acceso a todo o persoal.
-Unha vez máis solicitamos que se extreme a limpeza, desinfección e ventilación durante e ao finalizar a xornada laboral.
Para resolver todas estas cuestións e outras
que de forma puntual poidan ser expostas, SOLICITO,
convóquese urxentemente ao Comité de Seguridade e Saúde Laboral para tratar
os puntos arriba indicados e tomar as decisións precisas para unha maior
protección da saúde dos traballadores/as e usuarios que acoden as sedes
xudiciais.
Xustificante de presentación