lunes, 12 de abril de 2021

Convocatorias do Cómité de Seguridade Saúde Laboral e de Mesa Sectorial de interinos.

Despois de que STAJ o pedise en repetidas ocasións dende xaneiro, por fin o Director xeral nos convoca a unha reunión do Comité, eso sí, no nos gusta que  pretenda dedicarlle unha hora e media a esa xuntanza en plena pandemia e cos problemas de vacinación do persoal de MUGEJU, mal empezamos.

CONVOCATORIA DO COMITÉ DE SEGURIDADE E SAÚDE 

 

De orde do director xeral de Xustiza, convocase para a celebración, a través do sistema de videoconferencia, do Comité de Seguridade e Saúde, na seguinte data e hora indicados:

 

Data: 15/04/2021

Hora: 10:30 h.


Orde do dia:

-.Cursos obrigatorios de formación inicial en materia de prevención de riscos laborais

-.  Información Covid 19 (EPIS...)

 

CONVOCATORIA DA MESA SECTORIAL INTERINOS

Convócase para a celebración, a través do sistema de videoconferencia, da mesa sectorial, na data e hora que se indica:

 Data: 15/04/2021

Hora: 12:00 h.

 Orde do día:

 -. Lectura e aprobación no seu caso da acta da reunión anterior.

-. Modificación da Orde do 4 de outubro de 2018, sobre selección e nomeamento de persoal interino para cubrir postos de persoal funcionario dos corpos xerais ao servizo da Administración de Xustiza en Galicia.


STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras