miércoles, 29 de octubre de 2025

Centro de destino a efecto de establecer a antiguedade para a fase III

Na norma que regula a reorganización de efectivos do persoal dos futuros Tribunais de Instancia da Fase III, establécese que a antigüidade a ter en conta para a confirmación é a antigüidade no posto e a que se ten en conta para a reordenación é a antigüidade no centro de destino.
Moitos compañeiros e compañeiras nos estades a trasladar dúbidas sobre o significado de "antigüidade no centro de destino", polo que interesa aclarar qué interpreta a Dirección Xeral de Xustiza por este termo.
Á nosa pregunta de qué interpreta por centro de destino, a DXX contestou que centro de destino é establecido no RD 249/1996, do 16 de febreiro, no seu artigo 51.
Este artigo di que "serán centros de trabajo de la Administración de Justicia en los que pueden estar destinados los Oficiales, Auxiliares y Agentes de la Administración de Justicia:

a) Tribunal Supremo.

b) Audiencia Nacional.

c) Cada una de las Fiscalías.

d) Cada uno de los Tribunales Superiores de Justicia.

e) Cada una de las Audiencias Provinciales.

f) Todos los Juzgados Centrales de Instrucción y de lo Penal.

g) El Registro Civil Central y los Registros Civiles Únicos de cada localidad.

h) Todos los Juzgados de lo Penal de cada localidad.

i) Todos los Juzgados de Primera Instancia e Instrucción de cada localidad.

j) Todos los Juzgados de Primera Instancia de cada localidad.

k) Todos los Juzgados de Instrucción de cada localidad.

l) Todos los Juzgados de lo Contencioso-Administrativo de cada localidad.

m) Todos los Juzgados de lo Social de cada localidad.

n) Todos los Juzgados de Menores de cada localidad.

ñ) Todos los Juzgados de Vigilancia Penitenciaria de cada localidad.

o) Cada uno de los Decanatos a que se refiere el artículo 166.3 LOPJ.

p) Cada uno de los Juzgados de Paz.

q) Cada uno de los demás Organismos y Servicios de la Administración de Justicia, sin perjuicio de lo dispuesto en el artículo 2.2 de este Reglamento."

A antigüidade no centro de destino compútase entón dende a data da adxudicación do posto por concurso ou no nomeamento como funcionario ou funcionaria de carreira e non a data de toma de posesión.
Non se computará a estes efectos o tempo prestado en comisión de servizos ou substitución nin outra antigüidade nun corpo distinto. Tampouco computa a antigüidade noutra localidade.
Sí computa na reordenación a antigüidade en centro de destino obtida en xulgados da mesma clase en periodos anteriores. É dicir, un tramitador que estivo 5 anos nun xulgado de primeira instancia, logo 2 nun instrución e agora leva 3 anos nun xulgado de primeira instancia da mesma localidade, ten unha antigüidade no centro de destino de 8 anos. 

STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras