lunes, 3 de noviembre de 2025

Porcentaxes no SCT Penal, familia e mercantil

Ante as porcentaxes remitidas o venres, dende STAJ elevamos consulta inmediata á DXX sobre todo polas porcentaxes relativas ao SCT Penal de todas as localidades, dado que non existen persoas destinadas nos órganos de orixe que poidan ser confirmadas nesa proporción e poñendo de manifesto a complicación que supón confirmar en execución a persoas dunha rpt de garda que actualmente as está facendo e como se organizaría un servizo con estas circunstancias.

A pesar de que estas porcentaxes corresponden únicamente ás persoas destinadas en orixe nos xulgados, e se reflicten cunha porcentaxe numérica na nova oficina (execución ou tramitación, falamos) a realidade é que non se pode ter só en conta este número porque non é indicativo da realidade dun servizo nin da cantidade das persoas destinadas nel. E un dato, pero non é o dato.

A DXX contestou que estas porcentaxes deben relacionarse con outras variables. Os factores que considera STAJ a ter en conta para confirmar nun ou noutro servizo (non para ir a reordenación, sempre para confirmar en execución e tramitación na materia da que se trate sempe que haxa oco) son as seguintes: porcentaxes-cargas de traballo-opción expresa das persoas destinadas nestes órganos cando opten por execución ou tramitación no modelo que se publique na intranet. 

Adiantamos que dende STAJ presentamos escrito hoxe solicitando que nos partidos xudiciais onde non esté determinada unha porcentaxe para familia (en Pontevedra, Ourense, Lugo, Ferrol e Santiago) e mercantil (en Ourense, Lugo, Ferrol e Santiago)  se inclúan,  dado que así o establece a normativa de reorganización sen distinción.

Seguiremos informando.


STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras