Para os funcionarios que se atopen en activo, en servizos especiais ou en excedencia voluntaria por coidado de familiares e non reingresen en ningún dos corpos ou escalas a que se refire o presente concurso, sen que se inclúan neste punto os funcionarios que se encontren reingresados provisionais, o cesamento deberá efectuarse nas datas que a continuación se indican: para tramitación procesual e administrativa, o 22 de febreiro de 2021, luns; para xestión procesual e administrativa e auxilio xudicial, o 26 de febreiro de 2021,venres.
A toma de posesión do novo destino obtido por concurso producirase, para os funcionarios indicados no punto anterior, nos tres días hábiles seguintes ao cesamento se non hai cambio de localidade do funcionario, nos oito días hábiles seguintes se implica cambio de localidade dentro da comunidade autónoma e nos vinte días hábiles seguintes se implica cambio de comunidade autónoma, con excepción da Comunidade Autónoma de Canarias, da Comunidade Autónoma de Illes Balears, da cidade de Ceuta e da cidade de Melilla, nas cales será no mes seguinte, tanto se o posto de traballo nas illas ou nas cidades é o de orixe coma se é o de destino. O prazo posesorio será retribuído pola Administración competente respecto á praza obtida en concurso.
O persoal funcionario titular que obteña destino neste concurso e estea desempeñando en Galicia unha praza en comisión de servizos ou en substitución, cesará nesta, na mesma data do cesamento no seu posto definitivo de orixe.
Os funcionarios interinos que actualmente ocupen as prazas que foron adxudicadas cesarán como consecuencia da posesión do titular.
Por cuestións sanitarias e organizativas, tanto os cesamentos coma as tomas de posesión realizaranse preferentemente de maneira telemática, a través do correo electrónico do Servizo de Xustiza da Xefatura Territorial da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo correspondente, para o cal a persoa interesada se deberá poñer en contacto co Servizo de Xustiza da provincia competente para tramitar o cesamento ou a toma de posesión a través do correo electrónico.
Debido á situación de pandemia que estamos a vivir actualmente, nos casos debidamente xustificados en que non se atope aloxamento na localidade de destino, a aqueles funcionarios que lles sexa imposible tomar posesión nos prazos sinalados, amplíaselles o prazo de cesamento e de toma de posesión durante o tempo imprescindible que sexa necesario para solucionar o caso concreto en que se atope a persoa afectada.
Instrucción de ceses e tomas de posesión