viernes, 19 de febrero de 2021

EGAP:cursos de formación continua Unión Europea

Onte publicouse no DOG a RESOLUCIÓN do 12 de febreiro de 2021 pola que se convocan as actividades de formación continua na área de Unión Europea: políticas públicas e procedementos comunitarios para o persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais do sector público autonómico e da Administración institucional. Hoxe, venres, comeza o prazo para solicitar as actividades formativas.

O prazo de presentación de solicitudes será de dez días a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

As solicitudes de participación nas actividades formativas só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática, dispoñible no enderezo <https://egap.xunta.gal/matricula> desde as 8.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 23.55 horas da data de finalización. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.

Os dous cursos que podedes solicitar o persoal de xustiza  son os seguintes:

1.- Competencia e dereito da Unión Europea: a defensa da competencia nos procesos de contratación pública. Preme aquí para acceder á ficha do curso.

2.- Introdución á Unión Europea e ao seu dereito. Preme aquí para acceder á ficha do curso.


STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras