Na
conversa mantida hoxe coa Dirección Xeral de Xustiza, nos comunican que próximamente
se van a publicar no DOG o acordo da traxectoria profesional e o acordo polo
que se lles paga aos xestores-secretarios de xulgados de paz un punto mais,
ambos acordos entran en vigor ao día seguinte da súa publicación no DOG.
TRAXECTORIA
PROFESIONAL: Según nos confirman a DXX e moi
probable que se publique o próximo luns
5 de outubro, se non fose así, depende da dispoñibilidade do DOG, se
publicaría ao longo desa semana. STAJ ten impugnado o acordo por
discriminatorio( médicos forenses- xestores, interinos), pero esta impugnación
non ten carácter suspensivo.
.- O prazo de 15 días para solicitala polo
OPAX empeza ao dia seguinte da publicación.
.- Solo é para persoal titular, non entran os
interinos.
.- O pago e con carácter retroactivo dende 1
de xaneiro, e van intentar que se faga efectivo na nómina de novembro,
aunque non o ven fácil, pois o prazo de soliciudes aínda remata o dia 27.
.- Non
teñen claro si aqueles/as que xa non están en activo (xubilación, falecemento, excedencia, etc) ou xa non están traballando
en Galicia por estar fora por Concurso, ou Comisións de Servizo, pero que si
estaban en activo o día 31 de decembro de 2019 e contaban mais de 5 anos de antiguidade no Corpo
respectivo, teñen ou non dereito a pedir a traxectoria profesional durante
o tempo que estiveron traballando en Galicia no presente ano 2020. STAJ pediu
que se lles concede ese dereito polo tempo que traballasen no 2020, ao ser un dereito
con carácter retroactivo a 1 de xaneiro.
PUNTO
ADICIONAL PARA OS XESTORES- SECRETARIOS DE PAZ: Esta acordo,
asinado por STAJ, recolle un vella reivindicación deste sindicato, que conta
con sentencias que asi o disponen. A publicación deste acordo é inminente
podendo publicarse mañán ou o luns 5 de outubro.
.- Trátase do pago de 1 punto adicional (28,62
euros) ao mes en 12 pagas e con carácter retroactivo dende 5 anos atrás da
entrada en vigor deste acordo.
PRÓXIMAS
MESAS SECTORIAIS: A Direción
Xeral confirmanos que a súa prioridade e a reforma da Orde de interinos e a
ampliación da listas esgotadas, esta Mesa tería lugar en próximas datas, e en
todo caso dentro deste mes de outubro.
.- A seguir
da Mesa de interinos, e tal como lle solicitou STAJ, a súa intención e celebrar Mesa de Substitucións e Comisión
de Servizos, xa que contan co informe da asesoría xurídica da Xunta que pedirán
para valorar no plano xurídico certos aspectos da súa proposta feita hai case un ano.
STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras