jueves, 1 de octubre de 2020

STAJ solicita a reactivación das prolongacións de xornada suspendidas durante o estado de alarma

Dende STAJ presentamos escrito ante a Dirección Xeral de Xustiza solicitando que se volvan a activar a totalidade das prolongacións de xornada que estaban concedidas antes da declaración do estado de alarma e que hoxe siguen sendo absolutamente necesarias ao continuar existindo as condicións que motivaron a súa implantación.

Por Real Decreto 463/2020, do 14 de marzo, declarouse o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, dispoñendo a suspensión da maioría dos prazos procesuais e con iso a suspensión de gran cantidade de actuacións xudiciais. Posteriormente por resolucións ministeriais e da Dirección  Xeral de  Xustiza establecéronse os servizos esenciais e a dotación mínima de funcionarios que debían garantir o seu cumprimento. Esta dotación de efectivos foi reducíndose posteriormente como medida de control da expansión de contáxios, parecendo razoable que non continuasen funcionando as prolongacións de xornada acordadas para varios xulgados (excepto en xulgados que deberon continuar, como os de violencia contra a muller, que pola súa natureza continuaron traballando a un ritmo case normal). Finalizado o motivo que supuxo a eliminación das prolongacións de xornada, pola finalización do estado de alarma e a  consecuente incorporación da totalidade dos funcionarios aos xulgados asi como a volta a unha case normalidade na actividade xudicial, ditas prolongacións deberon ser reactivadas de oficio dado que co regreso á normalidade volveron tamén as razóns que motivaron a súa implementación. Parece lóxico que isto debería suceder así, pero pasados varios meses desde a finalización do estado de alarma observamos que pola DXX non se adoptan os acordos necesarios para iso e, a data de hoxe, só unha minoría delas foron restituidas.

Xustificante presentación


STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras