viernes, 2 de octubre de 2020

Publicado no DOG o Acordo pago de 1 punto adicional para os xestores/as-secretarios/as de xulgados de paz

Tal como anunciabamos onte, no DOG de hoxe publicase  a RESOLUCIÓN do 22 de setembro de 2020, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se dá publicidade ao Acordo do Consello da Xunta do 17 de setembro de 2020 polo que se aproba o acordo acadado o 3 de agosto de 2020, entre a Administración da Comunidade Autónoma de Galicia e as organizacións sindicais presentes na Mesa Sectorial de Xustiza, sobre a modificación das retribucións do posto de xestor/a procesual secretarios/as de xulgados de paz (IV-D), para os efectos de retribuír, nun punto adicional, o desempeño das funcións de secretaría nos xulgados de paz. Acordo asinado por STAJ

Este punto adicional percibirase en 12 mensualidades e seranlle de aplicación as actualizacións previstas nas leis de orzamentos xerais do Estado para as retribucións complementarias do persoal ao servizo da Administración de xustiza.

 A percepción deste punto adicional manterase mentres non se produzan os procesos de integración dos funcionarios nas relacións de postos de traballo aprobadas conforme o disposto na Lei orgánica 19/2003, do 23 de decembro, de modificación da Lei orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial.

A presente modificación afectará aquel persoal que, nos cinco anos anteriores á data e entrada en vigor deste acordo, ocupase o posto de xestor/a procesual secretarios/as xulgados de paz (IV-D) nun xulgado de paz da Comunidade Autónoma de Galicia e desempeñase as funcións de secretaría.

Para o pagamento dos atrasos terase en conta o valor do punto establecido para cada anualidade, e será proporcional ao tempo de servizos efectivamente prestados no posto.

VER DOG


STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras