Hoxe sae publicada no DOGA a Resolución do 28 de xullo de 2020, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se convocan a concurso de traslado prazas vacantes entre funcionarios dos corpos e escalas de xestión procesual e administrativa, de tramitación procesual e administrativa e de auxilio xudicial da Administración de xustiza.
Os requisitos para poder participar son os seguintes:
1. Os funcionarios participantes poderán solicitar calquera das prazas incluídas no anexo I, sempre que na data de remate do prazo de presentación de solicitudes reúnan as condicións xerais esixidas e os requisitos determinados nesta convocatoria e os manteñan todos ata a resolución definitiva do concurso, sen ningunha limitación por razón da localidade de destino.
2. As devanditas vacantes identificaranse polo número de orde do órgano xudicial. Coa soa solicitude do número de orde dun órgano xudicial enténdense solicitadas todas as prazas vacantes anunciadas para ese número de orde do corpo existentes no dito órgano, e así mesmo todas as súas posibles resultas naqueles casos en que se anuncien.
3. Tamén poderán solicitar as prazas que queden vacantes como consecuencia da resolución do presente concurso, que se incorporarán en concepto de resultas ás vacantes ofertadas, salvo que estean ocupadas por funcionarios titulares adscritos provisionalmente, que se pretendan amortizar en virtude de proxecto de modificación do cadro orgánico, redistribución ou reordenación de efectivos, ou que a dotación asignada a un órgano xudicial se atope sobredotada por un ou máis funcionarios titulares; nestes casos non se xerará ningunha resulta correspondente ás prazas do corpo de que se trate. Tampouco producirá resulta o funcionario que estando a ocupar unha praza como adscrito provisional participe neste concurso e obteña unha praza con carácter definitivo. Poderanse solicitar intercaladas vacantes e resultas.
5. Neste concurso xeral anual e a resultas, o número máximo de órganos xudiciais que se poderá solicitar entre prazas vacantes e resultas non poderá superar os 200 números de orde.
6. Non se admitirá ningunha modificación á solicitude de destino formulada unha unha vez transcorrido o prazo de presentación de instancias. Tampouco se admitirá, unha vez resolto o concurso definitivamente, a renuncia ao destino obtido por ningún motivo alegado, nin tampouco polo feito de se equivocar o concursante á hora de cubrir os números de orde da instancia, polo que os funcionarios que participen no concurso deberán asegurarse de que todos os números de orde de convocatoria que solicitan se corresponden exactamente coas denominacións dos órganos xudiciais ofertados.
7. Poderase admitir a renuncia á participación no concurso, para cuxo se terá como prazo ata o último día de presentación de alegacións á resolución provisional, naqueles casos debidamente xustificados.
8. Poderán tomar parte no presente concurso e solicitar as vacantes de órganos xudiciais dos corpos ou escalas de xestión procesual e administrativa, de tramitación procesual e administrativa e de auxilio xudicial da Administración de xustiza os funcionarios pertencentes aos ditos corpos ou escalas, calquera que sexa a súa situación administrativa, bardante dos que tras obteren destino en anteriores concursos non tomasen posesión do destino que lles foi adxudicado; dos declarados suspensos en firme, mentres dure a suspensión; e dos sancionados con traslado forzoso, ata que transcorra un ou tres anos, para obter destino na mesma localidade en que se lles impuxo a sanción, se se trata de falta grave ou moi grave respectivamente.
9. Os funcionarios en situación de servizo activo deberán manter esta situación ata a resolución definitiva do concurso. só poderán participar, para o mesmo corpo ou escala en que están en activo.
10. Os funcionarios reingresados ao servizo activo mediante adscrición provisional estan obrigados a participar nos concursos de acordo coa normativa vixente.
Todos os funcionarios que participen no presente concurso de traslados entre funcionarios dos corpos de xestión, tramitación e auxilio polo ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia deberán cubrir a solicitude por medios telemáticos entrando na web do Ministerio de Xustiza, no seguinte enderezo:
www.mjusticia.gob.es/CIUDADANOS/Empleo público/ Concursos de traslados/CONCURSO DE TRASLADOS ORDINARIO GESTION, TRAMITACION Y AUXILIO 2020.
Unha vez que entren na devandita páxina premerán na ligazón que aparece nela co nome «G.T.A. Concurso de traslados», entrarán no Asistente de Inscrición e o sistema guiaraos na confección da solicitude seguindo as instrucións que se lles irá indicando. Deben consultar o Manual do asistente de inscrición web publicado na dita páxina, e se teñen algunha dúbida poden chamar ao teléfono de atención ao usuario 91 390 46 05. Con isto conseguirase o obxectivo de evitar erros na transcrición dos códigos, posto que os datos gravados polo concursante quedarán automaticamente almacenados no sistema informático.
Previamente á entrada no Asistente de Inscrición, deberanse identificar electronicamente por algún dos sistemas que ofrece a plataforma Cl@ve:
- DNI electrónico
- Certificado dixital
- Cl@ve PIN 24h
- Cl@ve permanent
STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras