Os códigos
das prazas de resultas podedes atopalos
A confección
da instancia realizarase obrigatoriamente co asistente informático e é
necesario o uso de certificado dixital, tarxeta
Lexnet, DNI electrónico, Cl@ve permanente ou Cl@ve Pin dixital
CONFECCIÓN
DE INSTANCIAS PARA O CONCURSO DE TRASLADOS CO ASISTENTE DE INSCRICIÓN WEB
Para
acceder ao asistente de inscrición ao concurso de traslados dos corpos de
Xestión P.A, Tramitación P.A e Auxilio Xudicial de forma telemática é
necesario dirixirse á páxina web do Ministerio de Xustiza, dentro do menú:
CidadánsEmprego PúblicoConcursos de traslados:
https://www.mjusticia.gob.es/cs/satellite/portal/es/ciudadanos/empleo-publico/concursos-traslados
Para o
manexo do asistente existe un
que se atopa tamén na web do ministerio
que explica paso a paso a súa utilización, e do que vos ofrecemos un resumo a
continuación:
A primeira
pantalla á que se accederá automaticamente antes de iniciar o proceso de
inscrición será a páxina oficial da plataforma Cl@ve onde o interesado
procederá a realizar a súa identificación electrónica por algún dos sistemas
que esta plataforma ofrece: DNI electrónico, certificado dixital (a tarxeta de Lexnet),
Cl@ve permanente ou Cl@ve Pin
dixital
Unha vez
realizada a identificación electrónica, a primeira pantalla que se visualizará
conterá unhas instrucións xerais sobre o uso do asistente de inscrición; unha
vez lidas pulsamos a pestana de "seguir" para realizar a inscrición.
Na parte
superior da pantalla figura unha liña de pasos nos que nos imos atopando ao
longo do proceso de inscrición, sendo os seguintes:
Acceso-Convocatoria-Datos
de contacto-Tipo de inscrición-Idiomas-Peticións-Finalizar
ACCESO:
Nesta pantalla solicítase o noso NIF, unha vez validado aparecerá o noso nome e
apelidos datos que non se poden modificar. Pulsamos o botón “seguir” (No caso de funcionarios destinados en
comunidades autónomas transferidas deberán incluír o seu nome e apelidos pois o
sistema non ten os seus datos gravados).
CONVOCATORIA:
Aquí hai que introducir o corpo no que se está no momento actual e aquel no que
queremos concursar. Pulsamos “seguir”
DATOS DE
CONTACTO: Nesta sección comunicarase unha dirección de contacto e un número de
teléfono.
Se se vai a
facer a instancia condicionada a que outra persoa obteña praza no mesmo partido
xudicial, municipio ou provincia, encheranse nesta pantalla os datos da persoa
con quen se condiciona.
TIPO DE
INSCRICIÓN:indicaremos o tipo de formulario V 1, V 2 ou V3, en función da situación administrativa
na que nos atopemos.
-V 1 Os
funcionarios destinados definitivamente en postos de traballo dos Corpos e
Escalas de Xestión, Tramitación e Auxilio, así como os que se atopen en
situación de servizos especiais e excedentes por coidado de familiares que
teñan reservado o seu posto de traballo, radicados no territorio nacional, sen
competencias transferidas.
Ademais de
sinalar o botón de V 1 temos que indicar a situación activa ou forma de
provisión na que nos atopamos (servido activo, comisión de servizos, excedencia
por coidado de familiares ou servizos especiais) e o órgano de destino actual
en propiedade.
Os
funcionarios destinados en Xulgados ou Tribunais de comunidades autónomas con
competencias transferidas que estean interesados nas prazas que se oferten
neste concurso, presentarán a súa solicitude ao Departamento de Xustiza da
Comunidade Autónoma do seu actual destino
-V 2
Aqueles funcionarios que se atopen en situación de excedencia por estar noutro
corpo da administración. Tamén sinalaremos o órgano de destino actual en
propiedade.
-V 3:
Funcionarios en situación de excedencia particular ou por agrupación familiar,
adscritos provisionais por reingreso ou xestores que cesasen como Letrados
substitutos.
Aparecerán
despregadas as diferentes situacións nas que se poidan atopar debendo sinalar a
que corresponda. No caso de estar en excedencia por interese particular ou
agrupación familiar hai que indicar a data en que se pasou á devandita
situación. Finalmente tamén haberá que indicar o órgano de destino actual en
propiedade.
IDIOMAS: Nesta
pantalla na que se poderá cumprimentar os datos do nivel de coñecementos de
idiomas oficiais das Comunidades Autónomas, que posúa, no seu caso.
PETICIÓNS:
Aquí é onde deberemos seleccionar as prazas que nos interesan, cun máximo de
200 e cunha orde de prioridade. As prazas pódense filtrar por provincia e
localidade.
Nunha xanela situada á esquerda de
Ofertas, aparecerá a denominación das prazas cunha R de resultas ou V de vacantes (pedindo a
vacante pídese automaticamente as resultas que se poidan xerar no mesmo
órgano). A selección das prazas farémola “picando” co rato na liña da que nos
interesa, debendo aparecer na xanela da dereita de Seleccións. Se nos
equivocamos e queremos borrala deberemos pulsar sobre a liña desa praza, unha
frecha dirixida cara á táboa da esquerda, desaparecendo da nosa selección,
volvendo aparecer na táboa de Ofertas
Para cambiar a prioridade das
prazas que seleccionásemos faremos uso das frechas que aparecen sobre a táboa
de seleccións, subindo ou baixando as que nos interesen.
Unha vez enchidas as preferencias
poderá descargar a listaxe das mesmas co botón “Descargar selección”, que lle
proporcionará unha lista cuxa única validez é informativa e a cal non debe
entregarse xunto co formulario de inscrición ao concurso. Este documento
serviralle ao interesado para consultar os números de orde que elixiu e os
textos correspondentes aos mesmos, xa que no Formulario Definitivo só aparecen
os números de orde das peticións, sen os textos dos destinos asociados aos
mesmos.
FINALIZAR:
Débese indicar o municipio no que asina a instancia.
Pódese imprimir ou gardar no
ordenador un borrador do formulario, co botón de “Impresión de borrador”.
O botón de “Confirmar Inscrición”
SÓ DEBE PULSARSE unha vez que esteamos seguros de que non imos facer ningún
cambio. Para poder cambiala teriamos que xerar unha nova inscrición entrando de
novo ao asistente e na primeira fase de
acceso, á beira dos nosos datos persoais, picar o botón de “Nova Inscrición”
Unha vez confirmada a inscrición se enviará telemáticamente.
Se algún
dos solicitantes quixese modificar unha solicitude xa confirmada, dentro do
prazo de presentación de solicitudes, poderá volver xerar e confirmar unha nova
solicitude a través do asistente.
Considerarase
válida a solicitude que teña data de entrada da mensaxe recibida posterior,
quedando anulada, por tanto, a solicitude que teña a data de entrada.
-Os
funcionarios que queiran participar no concurso de traslado, poderán solicitar
calquera das prazas incluídas no Anexo I.
-As
VACANTES identificaranse polo número de orde do órgano xudicial. Coa soa
solicitude do número de orde dun órgano xudicial enténdense solicitadas TODAS
as prazas vacantes anunciadas para ese número de orde do corpo existentes no
devandito órgano e así mesmo todas os seus posibles resultas.
-A relación
de órganos cos códigos así como os códigos para resultas publicarase na páxina
do Ministerio de xustiza.
-O número
máximo entre prazas vacantes e resultas non poderá superar de 200 números.
MODIFICACIÓN
E RENUNCIAS
-Non se
admiten modificación á solicitude do concurso de traslado formulada unha vez
transcorrido o prazo de presentación de instancias.
-Tampouco
se admitirá, unha vez resolvido, a renuncia ao destino obtido, por ningún
motivo alegado, nin tampouco por equivocarse o concursante á hora de encher os
números de orde da instancia, polo que, os funcionarios que participen no
concurso, deberán asegurarse de que todos os números de orde de convocatoria
que solicitan correspóndense exactamente coas denominacións dos órganos
xudiciais ofertados.
-Poderá
admitirse a renuncia á participación no concurso, tendo como prazo ata o último
día de presentación de alegacións á resolución provisional, NAQUELES CASOS
DEBIDAMENTE XUSTIFICADOS.
BAREMOS
1-ANTIGÜEDAD-
Outórgase 2 puntos por cada ano completo de servizos, computándose
proporcionalmente os períodos inferiores (0,00555556 por día). Para estes
efectos os meses considéranse de 30 días e ata un máximo de 60 puntos.
2-COÑECEMENTO
ORAL E ESCRITO DA LINGUA OFICIAL PROPIA DA CCAA- Nas prazas situadas nas CCAA
que teñan lingua oficial propia, o coñecemento oral e escrito desta,
debidamente acreditado por medio de certificación oficial da CCAA, ou
homologación do título achegado e do nivel ao que corresponde o titulo.
STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras