No
día de hoxe publicouse no DOGA a Resolución do 2 de xuño de 2020, da Dirección
Xeral de Xustiza, pola que se modifica a Resolución do 7 de maio de 2008 pola
que se regulan as substitucións entre funcionarios ao servizo da Administración
de xustiza en Galicia.
Modifícase
a Resolución do 7 de maio de 2008, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se
regulan as substitucións entre funcionarios ao servizo da Administración de
xustiza en Galicia, nos seguintes termos:
Primeiro. O artigo
cuarto queda redactado como segue:
«Cuarto. Requisitos dos solicitantes
1. Poderán
solicitar as substitucións, con exención de funcións nos seus postos, os
funcionarios de carreira dos corpos xerais ao servizo da Administración de
xustiza con destino en órganos radicados na Comunidade Autónoma de Galicia que
estean en situación de activo, prestando efectivamente servizos en xulgados,
tribunais, fiscalías ou outros órganos da Administración de xustiza, e leven un
mínimo de seis meses continuados no posto de traballo desde o cal participan na
convocatoria, ben sexa con carácter definitivo, ben provisional.
2. No caso das
substitucións verticais, para ser nomeado substituto no corpo inmediatamente
superior será preciso estar en situación de servizo activo nun posto de
traballo dalgún dos centros de destino a que se refire o anterior parágrafo e
estar en posesión da titulación académica exixida para acceder ao posto superior
que é obxecto de substitución».
Segundo. O artigo
sétimo queda redactado como segue:
«Sétimo. Duración das substitucións e cesamento do substituto
1. A substitución
finalizará cando se incorpore o/a titular do posto ou remate a causa que
motivou a substitución, así como pola renuncia do substituto ou por
amortización da praza.
2. Salvo renuncia
do interesado, se o cesamento do substituto se produce antes de acadar un
período mínimo de seis meses de desempeño, este poderá facer valer a súa
preferencia nas seguintes necesidades de substitución, cando menos ata
completar o devandito período mínimo. En todo caso, a renuncia a unha
substitución, unha vez adxudicada esta, será penalizada coa imposibilidade de
obter unha nova substitución durante o período dun ano».
STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras