viernes, 31 de octubre de 2025

Comisións de servizo: adxudicacións provisionais

Saíu publicada na Intranet de xustiza e na páxina web da Consellería a adxudicación provisional de postos en comisión de servizos da Administración de Xustiza, da resolución da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se publican as adxudicacións provisionais de postos de traballo entre persoal funcionario dos corpos e escalas ao servizo da Administración de xustiza convocados pola Resolución do 23 de outubro de 2025.

Ver adxudicación provisional 

STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen atadura
 
 

PORCENTAXES PROCESO DE REORGANIZACIÓN

A DXX acaba de enviarnos as porcentaxes de conformidade co establecido na disposición transitoria primeira do RD 1451/2005, do 7 de decembro, polo que se aproba o Regulamento de Ingreso, Provisión de Postos de Traballo e Promoción Profesional do Persoal Funcionario ao Servizo da Administración de Xustiza, “Proceso de acoplamento dos funcionarios dos corpos ao servizo da Administración de Xustiza”, os datos sobre a proporción do persoal das unidades actuais segundo a súa tipoloxía, de cara á súa proxeción nos servizos común de destino en idéntica proporción.

 


VER PONCENTAXES

STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras

jueves, 30 de octubre de 2025

Substitucións: Novos avisos

Saíu publicada,  a Resolución da Dirección Xeral de Xustiza pola que se convocan postos  para a súa provisión temporal mediante o sistema de substitución.

Todas as persoas solicitantes deberán completar obrigatoriamente a súa solicitude a través do formulario electrónico dispoñible na Oficina Virtual do Persoal da Administración de Xustiza (OPAX), no sitio web http://opax.xunta.es

O prazo de presentación de solicitudes será de TRES DÍAS hábiles desde o día seguinte ao da publicación da presente resolución na intranet de Xustiza e na web da Consellería.



STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras

Fase III Santiago e Ourense: acoplamento VSM e gardas

A preguntas de STAJ sobre as gardas e violencia sobre a muller en Santiago e Ourense, a DXX contesta o seguiente: 

As persoas que na actualidade teñen dereito a gardas van seguir mantendo ese dereito, de facelas, sexa cal sexa a praza na que finalmente obteñan posto, de ser o caso.

Respecto das porcentaxes. Serán remitidas nos próximos días, pero é doado establecer que a porcentaxe de instrución respecto de calquera outra tipoloxía, incluída penal, vai ser superior. O determinante non é a porcentaxe senón o tempo que a persoa leva nese posto definitivo.

En todo caso, estimamos que estas persoas, que son as primeiras en avaliar, van ter de forma maioritaria praza de VSM, ou con garda.

De forma máis específica, e a pregunta de: 

Cal dos 6 xestores que tiñan prioridade para facer as gardas teñen que saír do SCT Penal con garda e ir a VSM ou reordenación, de non haber sitio en VSM ?

A DXX di: Sobre quen será confirmado, dependerá de si manifestaron a súa opción de confirmar, e destes, os máis antiguos no seu último posto.

A) Os dous xestores con menos antigüedade en instrucción de Ourense/Santiago (os últimos en chegar no concurso de traslados).

Estes serán os últimos, se os máis antiguos optaron por confirmarse, se non, pode ser que obteñan praza.

B) Os dous xestores que veñen de VSM, ainda que teñan máis antigüedade ca os outros 4.

Precisamente o que prima é ter máis antigüidade no posto, polo que de ser así, serían confirmados estes.




STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras

miércoles, 29 de octubre de 2025

Publicación listaxe coas funcións do persoal dos xulgados e Audienciais fase III

Publícase a listaxe coa información sobre a consulta das funcións do persoal dos xulgados e seccións das Audiencias Provinciais afectados pola fase III. Ademais, para os xulgados con competencias en materia de rexistro civil, indícanse as persoas que realizan funcións de rexistro civil.

Esta información será tida en conta dentro da fase de confirmación da reorganización de efectivos.

En caso de disconformidade cos datos publicados, o persoal funcionario pode comunicalo a través da seguinte conta de correo electrónico servizo.persoal.xustiza@xunta.gal no prazo de 3 días hábiles a partir do día seguinte a esta publicación

Ver listados

STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras

Últimos chamamentos de persoal interino.

No día de hoxe a Dirección Xeral de Xustiza autorizou chamamentos de persoal interino para que presten servizos nos seguintes órganos que relacionamos por provincias:
A Coruña:
Lugo:
Pontevedra:

STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras

Centro de destino a efecto de establecer a antiguedade para a fase III

Na norma que regula a reorganización de efectivos do persoal dos futuros Tribunais de Instancia da Fase III, establécese que a antigüidade a ter en conta para a confirmación é a antigüidade no posto e a que se ten en conta para a reordenación é a antigüidade no centro de destino.
Moitos compañeiros e compañeiras nos estades a trasladar dúbidas sobre o significado de "antigüidade no centro de destino", polo que interesa aclarar qué interpreta a Dirección Xeral de Xustiza por este termo.
Á nosa pregunta de qué interpreta por centro de destino, a DXX contestou que centro de destino é establecido no RD 249/1996, do 16 de febreiro, no seu artigo 51.
Este artigo di que "serán centros de trabajo de la Administración de Justicia en los que pueden estar destinados los Oficiales, Auxiliares y Agentes de la Administración de Justicia:

a) Tribunal Supremo.

b) Audiencia Nacional.

c) Cada una de las Fiscalías.

d) Cada uno de los Tribunales Superiores de Justicia.

e) Cada una de las Audiencias Provinciales.

f) Todos los Juzgados Centrales de Instrucción y de lo Penal.

g) El Registro Civil Central y los Registros Civiles Únicos de cada localidad.

h) Todos los Juzgados de lo Penal de cada localidad.

i) Todos los Juzgados de Primera Instancia e Instrucción de cada localidad.

j) Todos los Juzgados de Primera Instancia de cada localidad.

k) Todos los Juzgados de Instrucción de cada localidad.

l) Todos los Juzgados de lo Contencioso-Administrativo de cada localidad.

m) Todos los Juzgados de lo Social de cada localidad.

n) Todos los Juzgados de Menores de cada localidad.

ñ) Todos los Juzgados de Vigilancia Penitenciaria de cada localidad.

o) Cada uno de los Decanatos a que se refiere el artículo 166.3 LOPJ.

p) Cada uno de los Juzgados de Paz.

q) Cada uno de los demás Organismos y Servicios de la Administración de Justicia, sin perjuicio de lo dispuesto en el artículo 2.2 de este Reglamento."

A antigüidade no centro de destino compútase entón dende a data da adxudicación do posto por concurso ou no nomeamento como funcionario ou funcionaria de carreira e non a data de toma de posesión.
Non se computará a estes efectos o tempo prestado en comisión de servizos ou substitución nin outra antigüidade nun corpo distinto. Tampouco computa a antigüidade noutra localidade.
Sí computa na reordenación a antigüidade en centro de destino obtida en xulgados da mesma clase en periodos anteriores. É dicir, un tramitador que estivo 5 anos nun xulgado de primeira instancia, logo 2 nun instrución e agora leva 3 anos nun xulgado de primeira instancia da mesma localidade, ten unha antigüidade no centro de destino de 8 anos. 

STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras

Auxilio judicial concurso estabilización: nueva lista complementaria

Con respecto al proceso selectivo de Auxilio Judicial, acceso libre, estabilización, concurso, Orden JUS/1288/2022, de 22 de diciembre (BOE de 27 de diciembre), se ha publicado en la página web del Ministerio de Justicia la siguiente nota informativa:

NOTA INFORMATIVA OCTUBRE (3) 2025

​Se publica de conformidad con la base 8.3 párrafo segundo de la Orden JUS/1288/2022 y artículo 45.1.b) de la Ley 39/2015:

  1. 29_10_ACUERDO DEL TCU DE AUXILIO JUDICIAL-CONVOCATORIA ORDEN JUS/1288/2022_octubre (3) 2025
  2. 29_10_Nota Informativa FORMA Y PLAZO DE PRESENTACIÓN DE DOCUMENTACIÓN_OCTUBRE (3) 2025_
  3. 29_10_NUEVA LISTA COMPLEMENTARIA (3) POR ÁMBITOS TERRITORIALES -OCTUBRE (3) 2025- nueva relación de aprobados del proceso selectivo de estabilización – Auxilio Judicial- estabilización - Orden JUS/1288/2022
  4. 29_10_LISTADO DE PERSONAS ASPIRANTES EXCLUIDAS POR RENUNCIA, NO PRESENTACIÓN O PRESENTACIÓN EXTEMPORÁNEA DE DOCUMENTACIÓN LISTA COMPLEMENTARIA OCTUBRE (2) DE 2025.

(SE RUEGA LEER DETENIDAMENTE LA NOTA INFORMATIVA DE FORMA Y PLAZO DE PRESENTACIÓN DE DOCUMENTACIÓN OCTUBRE (3) 2025)


La documentación se deberá presentar en el plazo de 5 días hábiles desde mañana a la dirección de correo electrónico procesos.selectivos@mjusticia.es Asunto: Octubre(3) - Auxilio1288/2022 -Lista complementaria-documentaciónNombre y Apellidos