jueves, 30 de octubre de 2025

Fase III Santiago e Ourense: acoplamento VSM e gardas

A preguntas de STAJ sobre as gardas e violencia sobre a muller en Santiago e Ourense, a DXX contesta o seguiente: 

As persoas que na actualidade teñen dereito a gardas van seguir mantendo ese dereito, de facelas, sexa cal sexa a praza na que finalmente obteñan posto, de ser o caso.

Respecto das porcentaxes. Serán remitidas nos próximos días, pero é doado establecer que a porcentaxe de instrución respecto de calquera outra tipoloxía, incluída penal, vai ser superior. O determinante non é a porcentaxe senón o tempo que a persoa leva nese posto definitivo.

En todo caso, estimamos que estas persoas, que son as primeiras en avaliar, van ter de forma maioritaria praza de VSM, ou con garda.

De forma máis específica, e a pregunta de: 

Cal dos 6 xestores que tiñan prioridade para facer as gardas teñen que saír do SCT Penal con garda e ir a VSM ou reordenación, de non haber sitio en VSM ?

A DXX di: Sobre quen será confirmado, dependerá de si manifestaron a súa opción de confirmar, e destes, os máis antiguos no seu último posto.

A) Os dous xestores con menos antigüedade en instrucción de Ourense/Santiago (os últimos en chegar no concurso de traslados).

Estes serán os últimos, se os máis antiguos optaron por confirmarse, se non, pode ser que obteñan praza.

B) Os dous xestores que veñen de VSM, ainda que teñan máis antigüedade ca os outros 4.

Precisamente o que prima é ter máis antigüidade no posto, polo que de ser así, serían confirmados estes.




STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras