Saíu publicada na intranet de Xustiza a Resolución da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se publican as adxudicacións de postos de traballo, en substitucions entre titulares persoal funcionario dos corpos e escalas ao servizo da Administración de xustiza convocados pola Resolución 10 de xuño de 2026.
A incorporación ao posto de traballo en substitución será na data de efectos indicada no correspondente acordo de substitución.
A renuncia á substitución adxudicada pola presente Resolución, será penalizada coa imposibilidade de obter unha nova substitución durante o período dun ano.
O posto de traballo deberá ser ocupado de xeito efectivo, salvo causa xustificada, pola persoa adxudicataria da substitución, mesmo con interrupción, de ser o caso, do desfrute de vacacións, licenzas ou permisos, que en todo caso terán que ser informados polo órgano de destino e autorizados polo correspondente departamento territorial de acordo coas necesidades do servizo.
Os correspondentes acordos de substitución entre titulares serán enviados porcorreo electrónico ás persoas adxudicatarias, sendo comunicados á súa vez aos superiores funcionais dos órganos de orixe e destino para o seu coñecemento.