Como sabedes, este próximo sábado 20 de xuño celébranse os exercicios do proceso selectivo de promoción interna para acceder aos Corpos de Tramitación Procesual (Orde PJC/1550/2025, de 22 de diciembre), e Administrativa e Xestión Procesual e Administrativa (Orde PJC/1572/2025, de 22 de diciembre).
Os dous corpos realizan os exercicios na mesma data: día 20 de xuño de 2026, nos lugares que se relacionan nas sedes de exames.
Para os que vos examinedes fora de Galicia, podedes solicitar en OPAX, no apartado de Permisos, o permiso correspondente a Exames finais e demais probas definitivas de aptitude, concedéndovos o venres 19 de xuño para os dous corpos. Lembrámosvos que é obrigatorio achegar á solicitude certificado de asistencia que vos darán unha vez terminado o exame na sede correspondente.
INFORMACIÓN DE INTERESE SOBRE O DESENVOLVEMENTO DA PROMOCIÓN INTERNA AO CORPO DE TRAMITACIÓN PROCESUAL E ADMINISTRATIVA EN GALICIA. (Orde PJC/1550/2025, de 22 de diciembre)
As probas do ámbito territorial de Galicia do 20.06.2026, ao Corpo de Tramitación Procesual e Administrativa por Promoción Interna, terán lugar en SANTIAGO DE COMPOSTELA, que se corresponde coa sede (provincia) da Coruña, na Aula 2 da EGAP (Escola Galega de Administración Pública) (rúa Madrid, 2-4, Polígono de Fontiñas, 15781 Santiago de Compostela).
As probas desenvolveranse da seguinte forma:
Apertura das portas ás 8:45 h. NON ESTÁ PERMITIDO O ACCESO DE ACOMPAÑANTES DO PERSOAL OPOSITOR, que deberán permanecer fóra.
A partir das 9:00 h, quen o desexe, pode comezar a entrar na aula para o que debe ter preparado o DNI. QUEN ACCEDA Á AULA NON A PODERÁ ABANDONAR SALVO CAUSA XUSTIFICADA.
Unha vez colocado todo o persoal opositor na aula, lectura das instrucións particulares e apertura das caixas de exame por parte do Tribunal Delegado. Solicitarase para proceder á apertura que dúas persoas opositoras voluntarias comproben que as caixas están precitadas.
Comezo do primeiro e único exercicio.
IMPORTANTE! A hora de comezo non está establecida xa que será indicada polo Tribunal Cualificador Único ao Tribunal Delegado cando todas as sedes estean preparadas. O exame comeza ao mesmo tempo en todo o territorio do Estado. Prégase que o persoal opositor o teña en conta porque non estará permitido saír da aula unha vez sentado, salvo por causa de forza maior.
Non se poderá abandonar a aula durante os primeiros 10 minutos nin durante os 10 últimos minutos do exercicio.
O exercicio terá unha duración total de 100 minutos.
Finalización da proba. Un dos vixiantes separará a última folla “copia del opositor”, que se lle entregará á persoa que realizou o exame e o resto das follas de resposta serán recollidas polo persoal de vixilancia.
Non se poderá abandonar a aula ata que sexa indicado polo responsable da aula.
MATERIAL NECESARIO:
DNI e bolígrafo negro ou azul TRANSPARENTE.
Está permitido levar unha botella de auga transparente e sen ningunha etiqueta. As botellas que non cumpran este requisito non estarán permitidas.
QUEDA PROHIBIDO:
A presenza de acompañantes dentro da EGAP durante o desenvolvemento das probas salvo necesidades especiais puntuais.
Entrar na aula con comida salvo a botella de auga especificada no punto anterior.
O emprego de AUDÍFONOS salvo xustificación da necesidade.
O emprego de TAPÓNS para mitigar os ruídos.
Levar o cuestionario de preguntas antes de finalizar o último exercicio.
Os teléfonos móbiles e reloxos intelixentes deben estar apagados e gardados, nunca encima da mesa. Se durante o desenvolvemento da proba sona algún dispositivo, a persoa opositora será, en todo caso, expulsada da proba.
Calquera persoa que sexa identificada durante a realización da proba falando ou intentando copiar por algún medio será expulsado da proba sen apercibimento previo algún.
OUTRAS CUESTIÓNS DE INTERESE:
. PUBLICACIÓN DAS PLANTILLAS. O Ministerio de Xustiza publicará a plantilla provisional de respostas no prazo de 72 horas, e os resultados do exame na páxina web.
. CERTIFICADO DE ASISTENCIA. Quen necesite certificado de asistencia para o mesmo día das probas debe comunicarllo aos vixilantes dentro da aula, facilitando o DNI para facer o certificado. O resto de certificados de asistencia colgaranse na web do Ministerio 10 días despois da publicación da lista de aprobados.
. DNI ELECTRÓNICO. Para os/as que queiran identificarse con DNI electrónico, o control de acceso requirirá os seguintes pasos:
Identificación no sistema: O/A opositor/a acedará á Sede electrónica oficial da convocatoria e mostrará o seu perfil activo (ou a súa área de "As miñas inscricións") usando o seu certificado dixital.
Comprobación biométrica ou visual: O/A opositor/a mostrará o documento de identidade no seu dispositivo móbil xunto cunha segunda identificación física (carné de conducir ou pasaporte son alternativas válidas se o DNI físico non está dispoñible, ou calquera carné que teña unha foto).
