Publicouse na Intranet prazo de inscrición das sesións de capacitación tecnolóxica do sistema DICIREG durante o mes de abril, dirixidas ás oficinas xerais e colaboradoras dos rexistros civís.
Cada curso consta de dúas sesións telepresenciais:
Sesión 1: Capacitación tecnolóxica (común para oficinas xerais e colaboradoras).
Sesión 2: Capacitación tecnolóxica e repaso de dúbidas (sesión diferenciada para oficinas xerais e colaboradoras).
É necesaria a asistencia de todas as persoas incorporadas recentemente aos rexistros civís. Así mesmo, recoméndase a participación do resto do persoal que precise reforzar coñecementos no sistema DICIREG.
Pasos para realizar a inscrición nas sesións:
1. Accede á actividade na plataforma de formación. Se non iniciaches sesión, deberás introducir o teu usuario da Xunta ou correo corporativo e o contrasinal.
2. Matricúlate na actividade premendo o botón "Matricularme".
3. Xa podes acceder aos contidos didácticos de autoformación!
4. Unha vez que accedas, reserva a túa praza na sesión de formación que desexes premendo "Reservar agora".
5. Recibirás un aviso por correo. Cando teñas confirmada a túa praza, deberás conectarte á sesión o día e a hora correspondentes.
STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras