No día de hoxe enviamos escrito a DXX ca solicitude de convocatoria URXENTE de mesa sectorial para tratar os seguintes temas:
1º Modificar a estrutura da NUMO creando Areas e/ou equipos de traballo estruturais para favorecer unha armonización nas decisións dos Servizos Comúns e das Áreas para un mellor e equitativo reparto no traballo en todas as Áreas en todos os Servizos Comúns.
Para o que débese comezar xa de forma inmediata á ampliación das actuais RPT e aumentar as plantillas por xurisdicións e deste xeito partir dunha base ordenada e non arbitraria como a que se está a dar agora e seguirá así se non se toman medidas urxentes.
Adaptación dos PROTOCOLOS á nova estrutura e contando coa ampliación de plantilla necesaria para seguir prestando un servizo de continuidade á cidadanía que cada día que pasa se ve máis comprometido pola distribución aleatoria de funcións inasumibles.
Amornización e control das decisións do LAJ Directores de Servizo Común e do Xefes de Area, para que non se tomen decións no reparto de traballo pouco razoables e que redundan en cargas desiguais e nalgúns casos inasumibles.
2º A reforma da actual normativa de permisos e vacacións para adaptala a nova oficina xudicial.
3º A remisión do borrador do teletraballo.
Hoxe fai case dous meses que dende STAJ solicitamos a convocatoria dunha
mesa sectorial para abordar os problemas causados pola implantación da NUMO en
Galicia.
Considerando que o principal problema é a estrutura desta nova oficina xudicial
, solicitamos a división en novas areas e equipos estruturais, modificando as
RPT cun incremento da plantilla tendo en conta as diferentes xurisdicións, para
combater deste xeito a desproporcionalidade e a desigualdade na distribución da
carga de traballo que se está a producir en todas as localidades, abordar a carga
de traballo.
Tanto a ESTRUTURA coma o mal deseño das RPT son o primeiro paso para
reconducir esta penosa situación que posteriormente debe ir da man da
modificación dos PROTOCOLOS que dificultan a implementación e conseguen
aumentar o caos organizativo no que estamos inmersos. A isto hai que sumarlle
que as decisións dos/as Letrados/as Directores/as e Xefes/as de Área son
as que inciden na mala distribución da carga de traballo e nas pésimas
decisións que se tomaron á hora de repartir o traballo e organizar os grupos.
Así mesmo, fai case dous meses que dende STAJ solicitamos a actualización
da normativa
de vacacións da administración de xustiza, que segue a ser a anterior á entrada
en funcionamento do novo modelo de oficina xudicial, polo que aínda fala de
Xulgados en non de servizos comúns ou áreas ou aínda está pensada para órganos
e xulgados onde só un LAJ organizaba a oficina.
É necesario que canto antes
se actualice a normativa á nova situación, porque do contrario poderían chegar
a darse situacións de informes negativos de vacacións por parte dos LAJ de
xeito inxusto xa que desapareceron os xulgados e a unidade que debe ter en
conta para a determinación dos porcentaxes por corpos é a area non os grupos
como pretenden algúns Laj directores e xefes de area, cambio que lle pedimnos
con urxencia dende STAJ.
E por último e non menos
importante reiteramos, xa por terceira vez, que nos envíen o borrador do
teletraballo, tal e como se comprometeu o Director Xeral, na pasada mesa do 3
de febreiro, borrador que ía ser remitido antes de que rematara o mes de
febreiro co obxectivo de empezar a negociación e posterior aprobación da
normativa.
Xa vai mais de un mes dende que rematou febreiro e seguimos insistindo na remisión do borrador e compre indicar que non se trata dunha revisión para mellorar o que xa temos, se non, proceder a aprobar a normativa que nos permita recuperar o teletraballo para os funcionarios de xustiza en Galicia, como xa teñen a maioría das administracións.
Ante esta situación, desde STAJ queremos lembrar á DXX o compromiso adquirido e a importancia
e urxencia de aprobar a normativa canto antes.
Accede aquí ao escrito presentado
Ver xustificante de presentación