martes, 29 de septiembre de 2026

A Xunta pretende impoñer o sistema "Atenea" sen negociación sindical

O Servizo de Modernización de Xustiza vén de anunciar por sorpresa a implantación do novo sistema de xestión procesal Atenea nos Tribunais de Instancia de Verín e Bande, que substituirá ao actual Minerva. No resto de Galicia implantarase no último trimestre do ano.

A implantación exprés imposta pola administración prevé o despliegue piloto entre o 2 e o 9 de outubro de 2026. Sen máis calendario, sen traslado de nada nin en qué vai consistir nin nada máis.

Desde este sindicato denunciamos públicamente que un servizo puramente técnico como o de Modernización non ten competencias para impoñer cambios nas condicións laborais nin na organización do traballo sen pasar antes pola Mesa Sectorial.

Dende STAJ esiximos:

• Que a Dirección Xeral de Xustiza convoque formalmente aos representantes do persoal de como  vai ser esta formación e o calendario de implantación.

• Cobertura técnica permanente e presencial  para os compañeiros de Verín e Bande, sen sobrecargas adicionais. 

• Que non se penalice ningún atraso nos prazos procesuais derivado dos previsibles fallos do novo software e nomeamento de persoal de reforzo para estes partidos xudiciais ata que o programa non funcione con normalidade e non haxa reporte de erros. 

Este é o contido literal o mail enviado: 

No último trimestre deste ano 2026 vaise a levar a cabo o cambio do sistema de xestión procesal en uso na administración de Xustiza en Galicia. Como resultado dun acordo de colaboración entre a Xunta de Galicia e o Ministerio de Justicia, o actual sistema Minerva será substituido polo sistema Atenea.  

En primeiro lugar, vaise abordar a implantación nos tribunais de Instancia de Verín e Bande, polo que se comunicará en breve co persoal afectado para presentar as características do novo sistema, as súas diferenzas respecto a Minerva e o plan detallado de implantación que se levará a cabo entre o 2 e o 9 de outubro, incluídas as actividades de capacitación e de acompañamento previstas. 

Tratase da primeira implantación de Atenea en Galicia, polo que a participación de Verín e Bande nesta experiencia piloto será especialmente relevante para extraer aprendizaxes que permitan facilitar as seguintes implantacións de Atenea no resto de Galicia neste ano 2026.



STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras