O artigo 20. Suspensión nas bolsas de persoal interino establece no punto 2 que a persoa interesada deberá ter solicitada electronicamente e autorizada a suspensión de chamamentos con anterioridade a que estes se produzan, para o cal deberá presentar ante o departamento territorial correspondente a documentación acreditativa necesaria. Os efectos da suspensión produciranse desde o día seguinte hábil ao da presentación da correspondente solicitude electrónica ante o departamento territorial, momento en que, de non ter denegada expresamente a súa solicitude, entenderase autorizada.
Igualmente lembrámosvos que a nova orde establece no artigo 19 que será causa de exclusión das bolsas estar en situación de suspensión máis de 2 anos.
As listaxes definitivas de interinos que se publicaron o venres, entran en vigor automaticamente nos próximos chamamentos tanto urxentes como ordinarios que se realizarán nesta semana.
A continuación facilítase a información de contacto coas xefaturas territoriais:
Departamento Territorial da Coruña,
Servizo de Xustiza,
Correo electrónico : servizo.xustiza.coruna@xunta.gal
Tfno. 981 184 472/ 981 184 456
Departamento Territorial de Lugo,
Servizo de Xustiza,
Correo electrónico: persoal.presidencia.lugo@xunta.gal
Tfno. 982 294 308/ 982 29 49 95
Departamento Territorial de Ourense,
Servizo de Xustiza,
Correo electrónico: sxsal.xustiza.ourense@xunta.gal
Tfno. 988 386 016
Departamento Territorial de Vigo,
Servizo de Xustiza,
Correo electrónico: servizoxustiza.vi@xunta.gal
Tfno. 986 817 716/ 986 817 788