jueves, 1 de octubre de 2026

ATENEA chega sen un plan nin un calendario de formación

Desde STAJ achegamos escrito o pasado martes a DXX para que se procedese a convocar ás OO.SS a unha mesa sectorial con fin de negociar todo o relativo a implantación do novo programa de xestión procesal ATENEA e a formación dos traballadores para traballar coa nova aplicación. 

A tenor do correo recibido as datas de primeira implantación son definitivas e polo tanto pouco marxe deixa xa a DXX, xa que por exemplo na provincia de Ourense empezarían o día 5 de outubro, é dicir, o luns da próxima semana. 

Unha das peticións que fixemos é o relativo a formación que debe ser presencial e mantida no tempo, neste punto o que a DXX nos indica é que o "proceso de capacitación será adaptado ao perfil das persoas usuarias e ao seu ámbito de traballo", palabras vagas e imprecisas, que nos tememos agochan a falta dun plan para unha formación real, suficiente, duradeira e presencial.

Desde STAJ entendemos, defendemos e así llo pedimos, que en todo caso a formación debe ter un fase previa a implantación tal e como xa o reclamamos, mantendo ao persoal formador, en cada localidade, varios dias despois de empezar a traballar en exclusiva co novo programa. Tendo en conta que a DXX pretende que o 21/12/2026 a eliminación do acceso a Minerva, agás nos SCACE, deben darse presa co relativo a formación dos traballadores.
 
Lembramos tamén que as datas previstas de implantación propostas pola DXX son as seguentes:

● Ourense (comprende todos os partidos xudicias da provincia e Audiencia Provincial de Ourense): 05/10/2026

 

● Ferrol (comprende o partido xudicial de Ferrol e todas as vilas da provincia de A Coruña): 13/10/2026

 

● Santiago de Compostela (comprende o partido xudicial de Santiago de Compostela, a Audiencia Provincial da Coruña e ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia): 19/10/2026

 

● A Coruña (comprende o partido xudicial de A Coruña): 26/10/2026

 

● Pontevedra (comprende o partido xudicial de Pontevedra e todas as vilas da provincia de Pontevedra): 02/11/2026

 

● Vigo (comprende o partido xudicial de Vigo e a Audiencia Provincial de Pontevedra): 09/11/2026

 

● Lugo (comprende todos os partidos xudiciais da provincia e Audiencia Provincial de Lugo): 16/11/2026



STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras