miércoles, 30 de septiembre de 2026

ATENEA: fases da sua implantación en Galicia

Ante o escrito presentado por STAJ no día de  onte, a DXX remíteneos correo electrónico respecto ao proceso de implantación de Atenea en Galicia, informando o seguinte:
 
O plan de traballo e calendario de implantación está condicionado por dous fitos que se deben acadar:

• O 01/01/2027 debe estar operativo Atenea en todos os tribunais de instancia, para habilitar o contador único por sección. O sistema Minerva non prevé esta funcionalidade.

• O 28/02/2027 o sistema de xestión procesual Minerva deixa de ser operativo a todos os efectos.

Tendo en conta estas premisas, estableceuse un plan de traballo que entra agora na fase de implantación efectiva nos tribunais de instancia. O calendario previsto de implantación é o seguinte:

• 05/10/2026: Inicio da implantación nos tribunais de instancia de Bande e Verín, que actuarán como órganos piloto.

• Do 05/10/2026 ao 05/12/2026: Implantación progresiva en todos os tribunais de instancia. Durante este período poderán convivir ambos sistemas de xestión procesal. Establécese, con carácter orientativo, un período dun mes dende a posta a disposición de Atenea en cada órgano ata a desactivación do acceso a Minerva.

• 05/12/2026: Atenea estará dispoñible en todos os tribunais de instancia.

• 21/12/2026: Eliminación do acceso a Minerva, agás nos SCACE.

• 01/01/2027: Atenea será o único sistema de xestión procesual operativo e activarase o contador único por sección.

• Do 01/01/2027 ao 28/02/2027: Implantación de Atenea nos SCACE.

• 28/02/2027: Apagado definitivo de Minerva.

Durante o período de implantación progresiva, do 05/10/2026 ao 05/12/2026, concretarase o calendario de cada tribunal de instancia.

A pesar de todo, desde STAJ seguimos reinvindicando a necesaria negociación sindical antes de proceder a súa implantanción, a través dunha mesa sectorial.


STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras