Saíu publicada a nota relativa á realización das probas de avaliación do coñecemento da lingua galega do concurso de méritos do corpo de auxilio xudicial, convocado pola Orde JUS/1288/2022, de 22 de decembro.
A proba de coñecemento da lingua galega terá lugar o día 17 de decembro de 2024 as 9:00h, na sala de reunións da Dirección Xeral de Xustiza na EGAP en Santiago de Compostela.
As probas desenvolveranse do seguinte xeito: 9:00 h-10:00 h. Proba de Linguaxe Xurídica Superior 10:00 h-11:00 h. Proba de Linguaxe Xurídica Media 11:00 h-11:30 h. Descanso 11:30 h-13:00 h. Proba do Celga 4
Podes acceder ao documento premendo aquí.
STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras