O pasado 2 de abril, por acordo do pleno da Xunta de Persoal de Pontevedra, aprobouse por maioría de dous terzos o novo regulamento interno de funcionamento da Xunta de Persoal da Adminsitración de Xustiza na provincia de Pontevedra.
Isto foi unha das primeiras tarefas que nos impuxemos ao adquirir a presidencia e secretaria da Xunta de Persoal, posto que o anterior regulamento databa do ano 1988 e polo tanto era moi pouco operativo. Por iso pensamos que é un paso cara adiante xa que se dota á Xunta de Persoal dun regulamento máis áxil, eficiente, moderno e participativo.
Entre os aspectos positivos, indicamos os cambios realizados que afectan os dereitos dos traballadores onde destacamos os seguintes:
- Poderán os funcionarios (solicitude dun 10% do censo electoral da provincia) pedir unha reunión extraordinaria do Pleno.
- Os plenos están abertos á participación dos traballadores con dereito a ser oidos en todos os puntos da orde do día.
- Calquera funcionario ou grupo de funcionarios que considere lesionados os seus dereitos ou que detecten unha situación de inxustiza social que poida ser competencia da Xunta de Persoal, poderán poñelo en coñecemento desta, a través de calquera dos seus membros.
- Todos os funcionarios representados na Xunta de Persoal teñen dereito a que por esta ou polos seus membros se lles manteña informados daquelas cuestións ou acordos que se adopte no Pleno ou e Comisión Permanente nos temas que lles afecte, fóra do previsto no artigo 21 deste Regulamento, mediante asembleas, medios impresos ou telemáticos. Os acordos ou decisións que considere o Pleno que afecten a dereitos e intereses xerais dos traballadores deberán ser consultados aos mesmos mediante asembleas
- Os funcionarios poderán someter á consideración da Xunta de Persoal calquera iniciativa encamiñada a mellorar as súas condicións de traballo, a xestión dos asuntos sociais ou sobre calquera outra materia na que a Xunta de Persoal teña competencia. O procedemento para seguir será o mesmo que o establecido para as reclamacións, no artígo 23.
- Sempre que existan asuntos moi relevantes que afecten o persoal, a Xunta de Peroal poderá convocar en calquera momento unha asemblea de carácter extraordinario, en determinados supostos: a pedimento do 15% do colectivo de traballadores.
STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras