Hoxe pubícase no DOG os cursos de formación das actividades formativas dirixidas ao persoal empregado público das administración públicas de Galicia en competencias dixitais no ano 2024, no contexto do Marco galego de competencias dixitais-ComDix.
Requisitos dos participantes:
Poderá participar nas actividades formativas convocadas nesta resolución o persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional de Galicia, da Administración de xustiza, das entidades locais de Galicia, e de administración e servizos (PAS) das universidades do Sistema universitario de Galicia (en diante, SUG), que se atope en situación de servizo activo (incluído o persoal que teña concedido un permiso por motivos de conciliación da vida persoal, familiar e laboral) e que reúna os requisitos establecidos nesta convocatoria e para cada un dos casos no anexo II.
Solicitudes:
1. O prazo de presentación de solicitudes será desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e ata o 12 de abril de 2024.
2. As solicitudes de participación nas actividades formativas só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible na dirección https://egap.xunta.gal/matricula, desde as 9.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 14.00 horas da data de finalización. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.
3. O número máximo de actividades formativas que se poden solicitar limítase a dúas máis o curso ComDix iniciación 0: Empezamos!
4. Serán excluídas automaticamente aquelas solicitudes que non se axusten ao formulario de solicitude, non teñan cubertos correctamente os datos precisos para a realización do proceso de selección ou se presenten fose de prazo.
5. As persoas que oculten ou falseen datos esenciais para a selección serán automaticamente excluídas das actividades solicitadas e pasarán ao final das listaxes de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado desde que se detecte o feito.
STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras