jueves, 26 de junio de 2025

Mesa Sectorial: RPTS Fase III, reordenación e bases concurso específico

Hoxe celebrouse outra mesa sectorial para a negociación entre as organizacións sindicais e a DXX a implatanción dos Tribunais de Instancia Fase III, nas cidades de A Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago e Vigo.

O Director Xeral comezou informando que en septiembre convocará unha reunión para evaluar cómo está indo o funcionamento dos novos Tribunais de Instancia nas vilas da Fase I.

En relación as novas en relación as RPT son:

-Seguimos insistindo na creación de equipos estructurais en todas as cidades por orde xurisdiccional co fin de  evitar a movilidade arbitraria e dar seguridade aos funcionarios.

-Crease unha praza do corpo de tramitación procesual e administrativa de Violencia Sobre a Muller nas localidades de Vigo, A Coruña, Santiago de Compostela e Ourense. En total 4 prazas. Sendo as catro prazas de nova creación. Por parte da Dirección Xeral nos informan da ratio de procedementos de violencia sobre a muller nas catro localidades sendo en Santiago de Compostela de  148, Vigo 150, A Coruña 222  e Ourense 144.

-Pedimos aumento do complemento de Violencia nas localidades de Santiago de Compostela e Ourense.

-Tras pedir STAJ a suba dos complementos dos postos de xefaturas do corpo de xestión procederase a equiparación dos complementos específicos das Xefaturas de Área coa  de Coordinador de fiscalía 1  e a xefatura de Equipo coa de coordinador de fiscalía 2 , o mesmo para as xefaturas de Tramitación.

-Manteñen a creación de postos de libre designación, aínda que foi unánime por todas as OOSS a sua eliminación.

- Manifesta a DXX que van a propoñer a creación de duas novas prazas, unha en Santiago e outra en Ourense, para fiscalía, tras a creación dunha nova praza de fiscal.

- En relación as rpt previstas para o rexistro e reparto, a DXX manifesta que teñen intención de que o novo programa Atenea reparta directamente os escritos aos xulgados, e axilice o traballo neste ámbito.

- Insistimos en que a DXX explique quen terá que facer o correo postal, manifestando a DX que o establecerán os protocolos.

- En canto á reorganización:

Infórmannos que os funcionarios que leven procedementos de execución e de tramitación terán a posibilidade de escoller uno posto no Servicio Común de Tramitación ou no Servicio Común de Execución, mesma posibilidade de elección establecese para o caso dos funcionarios dos actuales Xulgados de Instrucción Nº3 de Santiago de Compostela e Ourense con competencia en violencia sobre a muller. Consultarán ao Ministerio a poisbilidade de manter un posto con código VSM e seguir facendo gardas.

A DX informa que pretenden comezar co procedemento de acoplamento no mes se setembro.

- En canto as bases do concurso específico para as prazas singularizadas:

Dende STAJ pedimos que nas bases do concurso específico se concrete como se vai a determinar a puntuación máxima, non deixando todo a elección da Comisión de Valoración, e solicitamos que se especifique como se vai valorar cada mérito e con que puntuación.

Rogos e preguntas 

En canto a  traxectoria profesional, informa a DX que cando remate a negociación da carreira profesional dos funcionarios da Xunta, comezarase a negociar a nosa, manifestando que a partir de setembro comezarase a negociar.

Con relación as vilas da Fase I, comunícanos a DXX, que estarán en funcionamento os Tribunais de Instancia o 1 de xullo.

Sobre o  concurso de traslados das prazas das vilas, non  teñen coñecemento de posible data de convocatoria, pero admiten que o Miniterio nin siquera lle pediu, a día de hoxe, as przas vacantes, polo que é posible que se convoque pasado o mes de xullo. 


STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras