jueves, 18 de abril de 2024

Criterios e códigos para cesar no concurso de traslados. A DXX segue enredando.

STAJ solicitou á Dirección Xeral de Xustiza o acceso con antelación suficiente aos códigos e aos criterios de cesamento no concurso de traslado cando se de a circunstancia de que nunha mesma unidade coincidan traballando persoal interino, persoal titular en substitución e persoal en comisión de servizos, afectando tanto a prazas vacantes como a posibles resultas. 

A Dirección Xeral contestou a estas dúbidas sen concreción, alegando obviedades e imprecisións como que non existen RPT e apelando aos criterios de cese do artigo 21 da normativa de interinos, que xa todos coñecemos. Non aportou nada novo, e non facilitou os  códigos que eles sí coñecen e que nos permitirían saber que prazas poden estar afectadas  polos ceses e cales non, cando hai empate de criterios  e as tomas de posesión difieren  3-8 e 20 dias hábiles, podendo evitar así a crueldade inxustifiada de esperar ata o último momento para comunicar ao persoal que sí vai cesar, cando eles xa coñecen dende hai semanas.  É inxustificable esta falta de transparencia que  non fai máis que alimentar a desconfianza  e as sospeitas na posible manipulación en algúns casos.

De todas formas, deixamos a contestación da Dirección Xeral ao noso intento de evitar esta incertidume gratuita e a sospeita de opacidade que sobrevoan estas decisións.


STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras