viernes, 15 de marzo de 2024

Concurso de traslado: STAJ reitera a Xunta ter acceso aos códigos

Como todos os anos, no concurso de traslado cando nun xulgado hai máis prazas ofertadas que funcionarios que se incorporan, desde a Xunta dinnos que a persoa que debe cesar determínase polos "códigos". Pois ben, un ano máis desde STAJ presentamos escrito pedindo á Xunta que nos de acceso aos mesmos. Entendemos que cando se fala de cesar a funcionarios, isto debe estar o máis claro posible, e que en aras á transparencia esa información non pode ser secreta.

Entendemos que desde o momento en que operen os códigos este problema desaparecerá, pero isto é algo que pode tardar anos, e a este sindicato non nos parece correcto que nun tema de tanta importancia e transcendencia para o traballador, desde a administración actúese con certa opacidade.

Non entendemos en que pode afectar ou retardar o feito de que con anterioridade ao concurso se nos de traslado dos códigos empregados para determinar que posto de traballo é o afectado polo concurso e por conseguinte cal é o funcionario que debe cesar no seu caso.

Por todo iso, insistimos en presentar escrito á DXX pedindo novamente ter acceso aos códigos e os criterios de cesamento coa antelación suficiente, cando se de a circunstancia que nun mesma unidade traballan, persoal interino, persoal titular en substitución, persoal en comisión de servizos, e ademais, cóbrense prazas vacantes que saíron directamente a concurso e outras a resultas.



STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras