viernes, 22 de mayo de 2026

Multitudinaria asemblea celebrada onte en Ourense

Unha multitudinaria asamblea, ca participación de 150 funcionarios, celebrouse onte en Ourense dentro da rolda de asembleas convocadas polas organizacións sindicais CSIF, SPJ-USO, STAJ, UGT e CC.OO, nas principais cidades galegas para denunciar a situación "improvisada" da implantación dos Tribunais de Instacia.

No colectivo de funcionarios existe malestar polos cambios drásticos das funcions asignadas, a ausencia de reforzos e pola reordenación dos espazos físicos de traballo, que complica a ciudadans e profesionais a hora de atinar ca oficina a que deben acudir para realizar un trámite.

Os cinco sindicatos establecen que estase a producir un "deterioro sin precedentes" en Galicia ca aplicación "improvisada" de la Ley de Eficiencia judicial.

Nesa liña, os sindicatos trasladaron a necesidade de "ampliar" as Relacións de Postos de Traballo (RPT), así como de impartir formación ao persoal que "cambiou de materia e de xurisdición sen ter coñecemento dos procedementos e trámites".

Entre os problemas principais, os sindicatos criticaron a "falta de persoal", así como unha distribución "caótica" dos espazos xudiciais, unha carga de traballo "inasumible" para as plantillas actuais, unha reorganización que "está a xerar confusión" entre traballadores e cidadáns e a "supresión arbitraria do teletraballo", que, subliñaron, "agrava aínda máis a organización diaria" dos xulgados.

«Cesaron todos os reforzos que había en Galicia a data 31 de decembro, amortizaron prazas, só se crearon dúas en Ourense, na Fiscalía, e nomeouse unha decena de xefaturas de equipo sen crear as prazas, sacándoas do conxunto do cadro de persoal. Son, ademais, xefaturas que non tramitan. Hai menos funcionarios con máis servizos», exponía Francisco Javier Álvarez, presidente da xunta de persoal.

«Todas as semanas cambian os criterios de traballo. A xente está desconcertada, moita vén angustiada, porque aínda por encima os presionan dicindo que hai que traballar máis ou por que non vimos pola tarde», transmite o presidente da xunta. «Hai moitas baixas, derivadas de problemas profesionais desta implantación, e tamén baixas comúns, porque a maioría do persoal é maior».

Grazas a presión dos cinco sindicatos que representan a maioría dos funcionarios en Galicia, convocouse pola Direción Xeral mesa sectorial o vindeiro 2 de xuño na que tratarán os problemas derivados da implantación dos Tribunais de Instancia.






Accede aquí a europapress.es

Accede aquí a farodevigo.es



Accede aquí a galiciaconfidencial.com


STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras