jueves, 18 de abril de 2024

Concurso especifico: praza de Coordinardor/a da Fiscalia de A Coruña

No día de hoxe publícase no DOG e no BOE a RESOLUCIÓN do 8 de abril de 2024, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se anuncia a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de concurso específico, dun posto de traballo vacante na Fiscalía Provincial da Coruña, concretamente :

1.  Presentación solicitude:  obrigatoriamente o modelo que figura no anexo IV desta resolución.

2. Prazo de presentación:  dez (10) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no DOG e no BOE.

3. Solicitudes irán dirixidas á Dirección Xeral de Xustiza, da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, e deberán presentarse na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal) mediante o modelo de solicitude xenérica co código PR004A.

4. Xunto coa solicitude deberá achegarse a documentación que acredite os requisitos exixidos e os méritos alegados, que se deberán relacionar no modelo de solicitude (anexo IV) desta convocatoria.  

STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras