jueves, 18 de abril de 2024

STAJ solicita persoal de reforzo para os rexistros civís nos que se implante DICIREG.

REMITIMOS Á DIRECCIÓN XERAL DE XUSTIZA O SEGUINTE ESCRITO SOLICITANDO O NOMEAMENTO DE PERSOAL DE REFORZO, E O MANTEMENTO DO PERSOAL  DESIGNADO ATA  A  APROBACIÓN DAS RPTs DO REXISTRO CVIL.

A implantación do DICIREG nos xulgados mixtos das distintas vilas de Galicia con funcións de rexistro civil, está a suponer unha maior carga de traballo a estas oficinas xa saturadas, e sabemos que moitas delas non contan nin con persoal especifico, xa que se utiliza o persoal do propio xulgado, incluido o persoal de auxilo xudicial, nin contan contan persoal de abondo para realizar ese traballo de xeito axíl es sen retrasos derivados da escasez de funcionarios.

E certo que en algunhas localidades a Dirección Xeral designou persoal de reforzo para o rexistro civil co gallo de paliar esa maior carga de traballo que leva a implantación do DICIREG, pero cremos que eses reforzos deben designarse para tódolos rexistros nos que se implantou ou próximamente se implante DICIREG e se deben manter os xa designados ata a aprobación das RPTs e a dotación in situ dos planteis aprobados para cada oficina xeral.

A nova aplicación non vai ben, vai lenta e colgase cada pouco, provoca fallos, incrementa o traballo ao ser incompatible con inforeg e aumenta o tempo que hai que dedicarlle a moitos tramites ao ser mais complexos nesta nova aplicación en comparación coa anterior, ao que se suman os cortes constantes de servizo, e que se seguen facendo manualmente inscripcións marxinais nos libros anteriores a 1950, entre outras cousas.

A nova organización do Rexistro Civil obriga a que as oficinas xerais realicen tarefas e funcións das oficinas colaboradoras que non contan con persoal da Admón de Xustiza, ou cando ese persoal non está operativo por vacacions, permisos ou licenzas, aumentando a carga de traballo nas oficinas xerais, aparte de atender as consultas sobre trámites e funcións que se reciben dende as oficinas colaboradoras que hai que respostar e aclarar dende as oficinas xerais e que lle consumen tempo ao persoal.

Ainda que non están determinadas as RPTs das distintas oficinas do Rexistro Civil en Galicia, sabemos da súa importancia, e polo tanto, que non se pode  escatimar recursos humáns neste tipo de servizo, polo que non debería existir ningúnha oficina xeral con menos de dúas persoas para que se dediquen de xeito exclusivo as tarefas e funcións, tan importantes para a cidadanía, que se realizan no rexistro civil,  e ese cadro de persoal deberá aumentarse  nas localidades que contan cunha poboación maior para  contar con tres ou mais funcionarios/as.

Pois ben, si queremos que esas oficinas funcionen ben e presten un servizo axíl e de calidade, dende a impantación do DICIREG esa concreta oficina xeral deben contar dende xa co mesmo persoal co que vai contar unha vez aprobada a relación de postos de traballo, designando para acadar ese obxetivo o persoal de reforzo que sexa necesario ata que se aproben as RPTs, sen que os encargados/as  se vexan na obriga de mover e quitar persoal do xulgado de primeira instancia e instrucción, ao que están vinculados, para atender en condicións o rexistro civil correspondente  

Por todo o exposto, solicitamos se designen funcionarios/as interinos de reforzo a aqueles oficinas xerais do rexistro civil nas que xa se implantou DICIREG ata a aprobación das correspondentes RPTs, e se manteñan, ata esa mesma data, os reforzos designados naquelas  outras oficinas nas que xa se nomeou ese persoal, para que axuden a paliar a maior carga de traballo que se xera unha vez implantada o nova aplicación coa que se traballa no rexistro civil.

Solicitude persoal de reforzo para os rexistros civis

Xustificante de presentación

STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras