TRAXECTORIA PROFESIONAL.
Na Mesa de Interinos que tivo lugar onte, o Director Xeral de Xustiza,
trala solicitude por escrito (Ver solicitude) que lle fixemos dende STAJ para que incluise aos interinos e non
paralizase a Traxectoria, confirmou, o que xa de xeito extraoficial dixérannos dende a Dirección Xeral de Función Pública, que as sentenzas dictadas polo
TSXG, entre elas a de STAJ, non afectan ao Acordo da Traxectoria que segue en
vigor, debendo, eso sí, integrar como lle ordena o TSXG aos interinos que
cumpran os requisitos. Polo tanto, segue adiante a Traxectoria Profesional, sen
ningunha dúbida, co calendario prevista no texto da Resolución do Consello da
Xunta publicado no DOG.
Xa vedes en que quedaron tódalas aquelas notas informativas de dous
sindicatos decindo que acabaramos coa Traxectoria, que por culpa das sentenzas
non ían a cobrar nin titulares nin interinos, que sabotearamos a sabendas o que
se puidera seguir cobrando e subir de grao, cando nin a Dirección Xeral de Xustiza
nin a Dirección Xeral de Función Pública lle comunicaran oficialmente tal
cousa. Eles solos inventaron o problema e os culpables do mesmo e eles mesmos erexíronse como salvadores, cando a verdade e que o problema oficialmente nunca existiu. En fin…
CREACIÓN DOS SERVIZOS DE REXISRO E REPARTICIÓN. CONSOLIDACIÓN DE REFORZOS E AUMENTO DE PLANTILLAS DE DETERMINADOS XULGADOS E FISCALIAS
O Director Xeral tamén nos dixo, que tal como lle solicitamos reiteradamente dende
STAJ en exclusiva se van a crear os
Servizos de Rexistro e Repartición (Ver a solicitude, Novo escrito E Debate na Comisión Mixta do TSXG) en
varias das cidades de Galicia que non contan con tales servizos, podendo liberarse
deste modo ao persoal dos Servizos de Apoio que están agora facendo estas
funcións, para que poidan dedicarse as funcións para os que foron creados, apoiar aos xulgados
que o necesiten.
Vaise a convocar
Comisións de Servizo para a posta en marcha do novo Xulgado do Mercantil de A
Coruña, que debe empezar o 31 de marzo do 2022, e que durante o mes de febrero nos
dira, ten que realizarse Mesa Sectorial, que reforzos se consolidan e en que xulgados
se aumentan as plantillas, para chegar a esas 57 prazas de tódolos corpos que
pretenden crear.
PRAZO PARA O
DISFRUTE DE VACACIÓNS E ASUNTOS PARTICULARES.
Infórmannos que a
día de hoxe non esta previsto que se aumente, de xeito xeral, máis alo do 31 de
xaneiro o prazo para disfrute das vacacións e dos días de asuntos, que só se podrá
aumentar en casos concretos e xustificados, tales como os aillamentos por COVID,
sempre que impidan disfrutar duns e doutros no prazo ordinario.
De tódolos xeitos,
indícannos que o día 14 de xaneiro está prevista unha reunión da Conferencia
Sectorial, foro que está integrado polos CCAA con competencias en Xustiza máis
o Ministerio, e que si se acordase nesa reunión a ampliación do prazo de
disfrute, Galicia tamén o ampliaría.