Onte tivo lugar a Mesa Sectorial de Interinos, co gallo de determinar o número de integrantes, que deberán figurar na convocatoria das distintas bolsas.
STAJ opúxose a proposta remitida pola Dirección Xeral de Xustiza por considerar que é desorbitada, que amplía innecesariamente os integrantes tendo en conta os números das bolsas de 2019, o que redundará un perxuizo claro para o servizo e para a continuidade laboral do persoal que conta con experiencia, que en definitiva, é exactamente o que nos demandan os compañeiros dos distintos xulgados e fiscalías.
Non cremos necesario un aumento dése calibre, e así llo fixemos saber ao Director Xeral:
- Porque si nas bolsas
actuais estivesen tódolos membros en situación de dispoñibilidade, non faria
falta chamar xente do SPEG, salvo na bolsa de tramitación de Lugo, no resto están
a traballar, contando os contratados polo SPEG, bastante menos xente que numero
de persoas integran as bolsas de traballo e reserva.
- Porque vai a
existir unha lista de baremados con centos e persoas en cada bolsa, e ao ir
subindo a bolsa de traballo a xente que está na reseva, porque se producen ocos
nésa bolsa, os ocos deixados na bolsa de reserva se iran cubrindo por xente
baremada, cousa que nesta bolsa non sucedía, porque apenas había baremados.
- - Porque os reforzos
que hai , (57 de tódolos corpos) vanse consolidar nos meses próximos, o que
significa que as necesidades de persoal interino disminúen.
- Porque como sobe a
puntuación polo galego haberá un freo á xente que se apunta de fóra de Galicia e
disminuirán as suspensións temporais, que afectan principalmente a xente que
esta a traballar noutra bolsa do Estado e non son galegos.
- Porque nos próximos
concursos de traslados, ao existir xente que aprobou as ultimas oposición,
apenas van quedar prazas desertas, disminuíndo as necesidades de
interinaxes. E si houbese prazas desertas debe a Xunta convocar oposición para
cubrilas.
STAJ queda á espera de que a Xunta, que pareceu convencida do desproporcionado da súa proposta, faga en breve unha nova, rebaixando considerablemente o número de integrantes de cada bolsa. A DXX pareceuse inclinar feita na propia Mesa, que a falta de ver como se concreta, a STAJ non lle parece descabellada, que é que o aumento ou case todo o aumento se faga nas bolsas de reservas e polo tanto as bolsas de traballo suban moi pouco ou nada, igualándose asi o número de integrantes das bolsas de reserva co número de integrantes das bolsas de traballo, poducindose a ampliación ou case toda nas bolsas de reserva, aínda así, o aumento debe ser moito menor do proposto para contar co noso apoio.
Tamén nos dixeron que queren publicar a convocatoria a finais do mes de xaneiro.