Onte STAJ remitiu sendas solicitudes á Direcccion Xeral de Función Púbica e á Direccion Xeral de Xustiza , coa literalidade seguinte:
A pasada
semana foinos notificada a sentenza do TSXG, dentro do procedemento iniciado
por demanda por este sindicato, que determina que na Traxectoria Profesional se
descrimina ao persoal interino respecto
dos titulares ao non poder acceder en condicións de igualdade aos distintos
graos da Traxectoria.
Trala sentenzas dictadas pola Sala do Contencioso Administrativo do TSXG, cónstanos que hai mais no mesmo senso, tamén hai tras varias sentenzas dos Xulgados do Contencioso Administrativo que dispoñen o mesmo, solo queda a obrigada reforma das Bases Primeira e Quinta do Acordo para que se remate coa discriminación posta de manifesto polos tribunais, para poder seguir progresando no desenrolo do complememto retributivo referido.
Sabemos que a requerida reforma é doada de realizar e se pode levar a cabo de xeito rápido co gallo de integrar ao persoal interino, sen necesiade de perxudicar o cobro da Traxectoria dos que xa a están cobrando, nin perxudicar o acceso ao segundo grao daqueles integrantes dos corpos que no ano 2022 deberían estar no grao 2.
Non cremos que rerurrir as sentenzas ante o Tribunal Supremo solucione nada, sabemos que en base a xurisprudencia conocida e repetida dese alto tribunal, si se recurre en Casación o TS vai confirmar a resolución dictada polo TSXG, pero entanto se van a perder varios anos no desenvolvemento da Traxectoria, xerándose un perxuizo irreparable a todo o colectivo de funcionarios que deberían seguir cobrandoa.
Para evitar ese perxuizo SOLICITAMOS, A Dirección Xeral de Función Pública que leve a cabo, de inmediato, os actos administrativos necesarios para a reforma do Acordo da Traxectoria Profesional, e a Dirección Xeral de Xustiza que convoque a Mesa Sectorial de Xustiza, co gallo de reformar o Acordo da Traxectoria Profesional nas puntos requeridos polas resolucións do TSXG, sen que se perxudique a colectivo e se poida seguir pagando e desenvolvendo en condicións normais durante os próximos anos.
Se o solicitado non se levase a cabo, entenderemos que por parte da Xunta non hai vontade política para facelo e que se prefire, coa escusa das sentenzas, incumplir o Acordo da Traxectoria. Neste último caso quedará claro que a responsabilidade será toda e exclusivamente da Xunta que non quere seguir pagando.
Justificante Función Pública