O
director xeral de Xustiza, Juan José Martín, e a delegada territorial da Xunta
en Vigo, Marta Fernández-Tapias, mantiveron un encontro para abordar o traslado das sedes
actuais ao novo edificio xudicial.
A
Xunta comezou as reunións periódicas
sobre a planificación do traslado dos órganos xudiciais a Cidade Xustiza de
Vigo, nunha primeira toma de contacto para abordar os diferentes aspectos que
implica o traslado do mobiliario e arquivos das sedes actuais da rúa Lalín e La
Gota de Leche á nova sede xudicial.
O
director xeral de Xustiza, Juan José Martín, e a delegada territorial da Xunta
en Vigo, Marta Fernández-Tapias, xunto con responsables e técnicos da
Vicepresidencia Primeira mantiveron unha reunión co xuíz decano de Vigo,
Germán Serrano; a fiscal xefa territorial de Vigo, Susana García-Baquero e o
secretario coordinador provincial, José Tronchoni. E proximamente cos
sindicatos manterase outra reunión na mesma liña .
As
obras están a piques de finalizar e atópanse na recta final co amoblamento das
plantas. Cando rematen as obras, a Xunta solicitará, previsiblemente a finais de xaneiro, a licenza de primeira
ocupación polo que nuns meses dará comezo o traslado dos xulgados segundo a
programación que se acorde cos sectores implicados.
Na
nova sede xudicial serán reubicados máis de 500 traballadores xudiciais dos 38
órganos, que terán a súa disposición unha escola infantil de 41 prazas para
facilitar a súa conciliación laboral e familiar.