lunes, 13 de diciembre de 2021

STAJ pide á Xunta que reforme a Traxectoria tal como din as sentenzas do TSXG. Sentenza STAJ.

STAJ ven de dirixirse á  Dirección Xeral de Xustiza e á Dirección Xeral de Función Pública para que acate as sentenzas que lle piden que inclúa ao persoal interino en condicións de igualdade na Traxectoria Profesional, e non se escuse nas mesmas para paralizar o pago e o acceso ao segundo grao.

Só nas súas mans está arranxar o problema de discriminación que ten  a Traxectoria Profesional por excluir, a sabiendas, aos interinos das mesmas  condicións, tanto das circunstancias no acceso como no tempo de acceso, que son claramente desiguais, coas condicións de acceso dos titulares, vulnerando así o principio de igualdade recollido na Constitución, en varias Directivas da Unión europea e en moitas sentenzas, tanto do Tribunal de Xustiza da Unión Europea como do noso Tribunal Constitucional e do noso Tribunal Supremo, e sendo unhas das razóns pola que STAJ non asinou ese Acordo. Esta circunstancia que, como dicimos, a Xunta coñecía de sobra porque, entre outros, llo dixo STAJ en tódalas reunións que tivemos, e por que xa houbo máis de 20 sentenzas nos Xulgados do Contencios gañadas por interinos a título particular dende febreiro deste ano, e non pode aproveitarse pola Xunta para deixar de aplicar, o que agora xa é unha norma aprobada polo seu propio Consello.

Resulta moi doado reformar as dúas bases nas que o TSXG considera que se vulnerou o principio de igualdade para integrar ao persoal interino e seguir, polo tanto, co acceso a graos superiores. De feito só é necesario engadir na Base Primeira, cando fala  da aplicación da traxectoria Profesional   “Persoal interino dos Corpos Xerais Servizo da Administración de Xustiza e persoal interino do Corpo de Médicos Forenses”, eliminando o parágrafo segundo desa mesma Base Primeira. E na Base Quinta só engadir no parágrafo segundo estas palabras, “ e o persoal interino”, quedando definitivamente ese paragrafo coa seguinte literalidade “Poderá participar neste réxime extraordinario o persoal funcionario de carreira e o persoal interino que cumpra os seguintes requisitos”. O resto das base Primeira e Quinta non fai falta tocalas nin reformalas, con esas pequenas adicións xa está salvado o escollo e xa non hai problemas de vulnerar o principio de igualdade.

Como vedes, para arranxalo solo é necesario ter vontade para facelo e convocar as correspondentes Mesas de negociación, e nun prazo dunhas de poucas  semanas  o problema estaría definitivamente solventado. Recorrer  as sentenzas en Casación ao Supremo (que parece que é a decisión que tomou a Xunta), non é  a solución, e só unha estratexia para dilatar o proceso e mentres tanto non pagar. Saben perfectamente que o Supremo vai confirmar as sentenzas, pero tamén saben que vai a tardar varios anos en facelo, e claro, mentres tanto cartos que aforran.

Dende STAJ, non somos partidarios de seguir pola vía da polémica suscitada por algúns sindicatos, e coñecedores de que a verdadeira e única culpable é a Xunta,  realizamos un chamamento a tódolos sindicatos a que fagamos unha fronte común que presione a Administración para que acceda a  reformar canto antes esas dúas bases e a seguir pagando a Traxectoria tal como esta estipulada.

SENTENZA DE STAJ

A semana pasada notificóusenos a sentenza da demanda presentada por STAJ, e na liña das anteriores,  o TSXG considera, en términs xerais, que se vulnera o principio de igualdade ao non integrar aos interinos nas mesmas condicións que os titulares, considerando que  A Traxectoria Profesional non é mais que un concepto, que retribúe a experiencia e o recorrido profesional dos empregados públicos, sexan titulares ou interinos, e nos que ademáis de pedir un determinado tempo de servizos se poden esixir outros requisitos, e como concepto retributivo debe pagárselles a todolos que realizan o mesmo traballo e as mesmas funcións nos órganos xudiciais de Galicia, sexan titulares ou interinos, deixando claro o principio de  “mesmo traballo, mesmo salario”. Lembramos que a Traxectoria Profesional é un nome que se lle puxo a un complemento retributivo, non ten nada que ver coa promoción profesional ou promoción interna, estas sí que solo se deben aplicar aos funcionarios titulares.

De aí nace esa obriga da Xunta de reformar as Bases Primeira e Quinta, as que anula só naquelas cousas nas que se  vulnera a Constitución, tal como vos explicamos máis arriba nesta nota, e tal como se desprende  dos Fundamentos Xurídicos da resolución xudicial que ditou o TSXG.

Sobre as diferencias temporais no acceso aos distintos grados da traxectoria entre Auxilios e Tramitadores respecto de Xestores e Médicos Forenses  

STAJ non só presentou demanda pola vulneración do principio de igualdade entre titulares e interinos, tamén  demandamos a discriminación, que ao noso xuizo, se podería dar nas diferenzas temporais no acceso aos distintos graos entre Auxilios e Tramitadores con respecto a Xestores e Médicos Forenses. Como é sabido os primeiros acceden un ano antes a cada un dos graos da traxectoria, sen embargo o TSXG non considera esa diferenza como discriminatoria e achaca esa disparidade á intención da Xunta de aforrar cartos, dentro da potestade de autoorganización que ten a Administración nas súas decisións e resolucións. Literalmente o TSXG di o seguinte:

Efectivamente, como señala la parte recurrente, en la Cláusula Quinta se establece una diferencia entre los Grupos C1 y C2 y los Grupos A1 y A2, pues mientras que los primeros alcanzarán el 100% de sus retribuciones en dos anualidades, los segundos lo alcanzarán en tres anualidades.

Pero, en este caso, no se puede considerar que se trate de una discriminación, toda vez que ambos grupos alcanzarán, como no podía ser de otra manera, el 100% de sus retribuciones. En este caso, a diferencia de lo razonado respecto a la alegación anterior, la Administración sí ofrece una razón objetiva que justifique esa diferencia. Así, el hecho de que los grupos C1 y C2 alcancen el 100% de las retribuciones en 2 años, y los grupos A1 y A2 en tres años, no puede considerarse vulnerador del principio de igualdad, ni discriminatorio, pues se basa en la potestad de autoorganización de la Administración, que, en base a criterios económicos, acuerda esa diferencia en cuanto a la forma de abonar esas retribuciones, diferencia que no afecta al derecho a dichas retribuciones. Por ello procede la desestimación de esa alegación.


STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras