Dende STAJ mandámoslle a seguinte solicitud ao Director Xeral de Xustiza par que se contrate un servizo de traslado de urxencia, e ao Secretario Coordinador de Pontevdra e ao Letrado Director do Servizo Común Xeral para que tamén o soliciten, visto que noutras cidades, como en Ourense, pretendeuse que o traslado dos expedientes e incluso de determinado mobiliario se fixera polos funcionarios afectados polo cambio de ubicación e polos funcionarios do Corpo de Auxilio:
"Ante o inmediato cambio de localizacións do persoal dos Corpos Xerais na cidade de Pontevedra, que conlevará, se non en todos, na maioría dos casos, traslado masivo de expedientes, non só dos situados na oficina, senón tamén nos arquivos provisionais, lembramos que ningun artigo da LOPJ, nin sequera o artigo 478, que concreta as funcións do Corpo de Auxilio Xudicial, nin os Protocolos de Actuación nin os Manuais do Servizo Común Xeneral, recollen o porteo masivo de expedientes no caso de traslado de sedes xudiciais, nin no caso de traslado de oficinas dentro de cada sede xudicial, como unha tarea ou función que deban realizar os funcionarios dos Corpos Xerais.
Consideramos que ese traslado non debe facerse á conta do traballo e esforzo dos funcionarios/as dos corpos de Xestión e Tramitación que deban cambiar de localización, nin tampouco dos integrantes do corpo de Auxilio Xudicial.
E por tanto, solicitamos que se contrate o devandito porteo de expedientes, e no seu caso de mobiliario, a unha empresa especializada como se fixo noutras ocasións, liberando, en todo caso, aos funcionarios dos corpos xerais dos devanditas labores para que poidan dedicarse ás súas propias funcións".
STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras