Delegados sindicais e traballadores da Administración de Xustiza de toda Galicia concentráronse este venres ante a sede central da Dirección Xeral de Xustiza, na EGAP, para esixir á Xunta e ao Ministerio de Xustiza unha “resposta inmediata” aos “graves problemas” que está a xerar a implantación dos Tribunais de Instancia.
A mobilización foi convocada conxuntamente por SPJ-USO, STAJ, UGT, CSIF e CCOO, e dá continuidade ás accións emprendidas polas organizacións sindicais tras as asembleas celebradas nos distintos partidos xudiciais galegos.
"MÁIS NEGOCIACIÓN E MENOS IMPROVISACIÓN"
Baixo o lema “Galicia non dará un paso atrás. Eficiencia real con medios e persoal. Máis negociación e menos imposición”, os participantes denunciaron que a reforma se está a aplicar “sen a planificación necesaria”. Tamén critican que se estea implantando sen un incremento suficiente dos cadros de persoal e sen resolver as eivas organizativas e tecnolóxicas que xa están a afectar o funcionamento diario dos órganos xudiciais.
PROBLEMAS ESTRUTURAIS AGRAVADOS
As organizacións sindicais alertan de que a posta en marcha dos Tribunais de Instancia está a agravar problemas estruturais que xa existían na Administración de Xustiza galega. Entre eles citan a insuficiente dotación de persoal, as importantes deficiencias nas aplicacións informáticas e a sobrecarga dos cadros de persoal. Segundo advirten, esta situación está a repercutir tanto nas condicións laborais dos empregados públicos como na calidade dun servizo esencial para a cidadanía.
RECLAMAN MÁIS PERSOAL, REFORZOS E EQUIPOS ESTRUTURAIS
Durante a concentración, os sindicatos reclamaron a apertura inmediata dunha negociación para ampliar as relacións de postos de traballo (RPT), crear os postos necesarios e manter os reforzos mentres non se cubran esas necesidades. Tamén esixiron a constitución de equipos estruturais que permitan “unha verdadeira especialización” dentro da nova organización xudicial.
Ademais, demandaron a adaptación efectiva das ferramentas informáticas, o cumprimento dos compromisos sobre teletraballo e a negociación dos cambios nos espazos físicos con garantías en materia de prevención de riscos laborais. As centrais sindicais reclaman, en definitiva, medidas urxentes para frear o deterioro da Administración de Xustiza en Galicia e garantir que a reforma se aplique con medios, persoal e planificación real
Fonte: galiciaconfidencial.com
La movilización, convocada conjuntamente por SPJ-USO, STAJ, UGT, CSIF y CCOO, da continuidad a las acciones emprendidas por las organizaciones sindicales tras las asambleas celebradas en los distintos partidos judiciales gallegos, en las que el personal ha trasladado "un diagnóstico prácticamente unánime" sobre la situación que atraviesan los juzgados.
Bajo el lema 'Galicia non dará un paso atrás. Eficiencia real con medios e persoal. Máis negociación e menos imposición', los participantes han denunciado que la reforma se está aplicando "sin la planificación necesaria, sin incremento suficiente de plantillas y sin resolver las carencias organizativas y tecnológicas que ya están afectando al funcionamiento diario de los órganos judiciales".
Los sindicatos alertan de que la implantación de los Tribunales de Instancia "está agravando problemas estructurales que ya existían en la Administración de Justicia gallega", como una "insuficiente dotación de personal" o "importantes deficiencias en las aplicaciones informáticas", además de sobrecarga de las plantillas.
Durante la concentración, las organizaciones sindicales reclamaron la apertura inmediata de una negociación para ampliar las relaciones de puestos de trabajo (RPT), la creación de los puestos necesarios y el mantenimiento de refuerzos mientras no se cubran esas necesidades.
Asimismo, exigieron la constitución de equipos estructurales que permitan "una verdadera especialización, la adaptación efectiva de las herramientas informáticas, el cumplimiento de los compromisos sobre teletrabajo, la negociación de los cambios en los espacios físicos con garantías en materia de prevención de riesgos laborales y la adopción de medidas urgentes para frenar el deterioro de este servicio público".
Fuente: galiciaconfidencial.com
STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras

