Publicouse no DOG de hoxe a resolución pola que se convocan, con carácter gratuíto, cursos de linguaxe administrativa galega e cursos preparatorios para a obtención dos certificados de lingua galega, Celga, que se realizarán en varias escolas oficiais de idiomas de Galicia no curso académico 2026/27, destinados, entre a outro persoal, ao persoal da Administración de Xustiza que se atope en servizo activo.
Convócanse cursos de linguaxe administrativa galega de nivel medio e superior en liña, e cursos preparatorios para a consecución dos certificados de lingua galega (Celga), para o curso 2026/27.
As persoas que desexen participar nos cursos convocados nesta resolución deberán cubrir o formulario de inscrición telemática no enderezo www.eoidigital.com/preinslinguagalega.
Prazo para a presentación das solicitudes, impartición dos cursos e probas finais:
– Desde o 29 de xuño ata o 10 de xullo de 2026, para os cursos do primeiro cuadrimestre. Estes cursos impartiranse entre o 28 de setembro e o 29 de novembro. Proba final o 2 de decembro.
– Desde o do 2 ao 13 de novembro de 2026, para os cursos do segundo cuadrimestre. Estes cursos impartiranse entre o 18 de xaneiro e o 4 de abril de 2027. Proba final o 7 de abril.
Despois de que remate o prazo de presentación de solicitudes, a EOI adxudicará as prazas por sorteo. Importante: os solicitantes admitidos deberán entrar novamente na aplicación e presentar a documentación necesaria que se detalla na resolución. Se non se presenta esa documentación non se terá a inscripción por feita. O prazo para a presentación desta documentación será o seguinte:
– Do 14 ata o 23 de xullo de 2026, para os cursos do primeiro cuadrimestre.
– Do 17 ata o 26 de novembro de 2026, para os cursos do segundo cuadrimestre.
Lembramos que os cursos de galego administrativo son equivalentes a efectos de valoración por parte da administración aos de galego xurídico.
STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras