martes, 10 de marzo de 2026

Forenses: resolución del concurso de traslado

Hoxe publícase a resolución do concurso de traslados de médicos/as forenses no BOE. Ademáis no DOG publícanse os destinos adxudicados en Galicia.

O prazo para tomar posesión do novo destino obtido será de tres días hábiles se non implica cambio de localidade do persoal funcionario, de oito días hábiles se implica cambio de localidade dentro da comunidade autónoma e de vinte días hábiles se implica cambio de comunidade autónoma, con excepción da Comunidade Autónoma de Canarias, Comunidade Autónoma das Illes Balears, cidade de Ceuta e cidade de Melilla, en que será dun mes, tanto se o posto de traballo é o de orixe como se é o de destino. Cando o persoal adxudicatario de praza obteña coa súa toma de posesión o reingreso no servizo activo, o prazo será de vinte días hábiles.

O prazo para a toma de posesión comezará a contar a partir do día seguinte ao do cesamento, que se deberá efectuar dentro dos tres días hábiles seguintes ao da publicación da resolución do concurso no Boletín Oficial del Estado.

Os destinos adxudicados son os seguintes: 










STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras