Dende Staj Galicia, estamos totalmente en contra da actitude da Dirección Xeral respecto as bolsas de interinos de Galicia, xa non houbo unha negociación real da anterior normativa das bolsas de interinos e finalmente esta se nos impuxo de forma unilateral , e agora tampouco queren negociar a convocatoria da nova bolsa, coa que estamos en desacordo en moitos puntos, entre eles a exixencia de pago de taxas para inscribirse nas bolsas ou o punto no cal interinos que traballen máis de un ano ,teñan que ir catro meses o final da bolsa cando cesan , entre outros moitos aspectos da norma que deberían cambiarse ou mellorarse .
Ante todo isto solicitamoslle a Dirección Xeral a convocatoria de maneira urxente, dunha mesa sectorial para a negociación real do borrador da nova convocatoria.