A DXX enviounos no día de onte un mail co borrador da resolución que regula a nova bolsa de interinos, compre recordar que nin se negociou a convocatoria da bolsa de interinos nin a normativa reguladora que queren publicar, de feito nin se nos enviou ningún borrador desta última.
O borrador da resolución que regula a nova bolsa de interinos
dos corpos de xestión procesual e administrativa, de tramitación procesual e
administrativa e mais de auxilio xudicial nos órganos da Administración de
xustiza en Galicia, establece, con carácter xeral, o seguinte:
Formarase unha bolsa de ámbito provincial para cada un dos
corpos, cuxos
integrantes estarán distribuídos, de conformidade coas zonas de preferencia
sinaladas na correspondente solicitude.
As zonas de preferencia son as seguintes:
• Provincia da
Coruña:
– Zona 1: comprende A Coruña, Betanzos, Carballo, Ferrol e
Ortigueira.
– Zona 2: comprende
Santiago de Compostela, Ordes, Arzúa, Negreira, Corcubión, Muros, Noia, Ribeira
e Padrón.
• Provincia de Lugo:
– Zona 1: comprende Lugo, Viveiro, Vilalba, Mondoñedo e A
Fonsagrada.
– Zona 2: comprende Lugo, Chantada, Sarria, Becerreá e
Monforte de Lemos.
• Provincia de Ourense:
– Zona 1: comprende Ourense, O Carballiño, Ribadavia,
Celanova e Bande.
– Zona 2: comprende
Ourense, Xinzo de Limia, Verín, A Pobra de Trives e O Barco de Valdeorras.
• Provincia de Pontevedra:
– Zona 1: comprende Pontevedra, Caldas de Reis, Vilagarcía de
Arousa, Cambados, Marín, A Estrada e Lalín.
– Zona 2: comprende
Vigo, Cangas, Redondela, Ponteareas, Tui e O Porriño.
Só se poderá estar
incluído nunha bolsa provincial e nunha zona de preferencia.
Cando se produza o cesamento das persoas nomeadas regresarán á posición que lles corresponda na bolsa de acordo coa súa puntuación. As persoas integrantes da bolsa que prestasen servizos durante un ano pasarán a ocupar a última posición na bolsa durante catro meses ao remate do nomeamento. Transcorridos os catro meses volverán automaticamente á posición que lles corresponda na bolsa de acordo coa súa puntuación.
Requisitos das persoas solicitantes:
O persoal aspirante a formar parte das bolsas deberá reunir,
na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes, os seguintes
requisitos:
▪ Requisitos
xerais:
1.
Ter
a nacionalidade española.
2.
Ter
cumpridos 16 anos de idade e non ter alcanzada a idade máxima de xubilación
forzosa.
3.
Non
ter sido condenado/a por delito doloso a penas privativas de liberdade maiores
de tres anos, a menos que se obtivese a cancelación de antecedentes penais ou a
rehabilitación.
4.
Non
ter sido inhabilitado/a para o exercicio das funcións públicas, salvo que fose
debidamente rehabilitado/a.
5.
Non ter sido separado/a, mediante expediente
disciplinario, do servizo dunha Administración pública, bardante que fose
debidamente rehabilitado/a.
6.
Non
estar incurso/a en causa de incompatibilidade para o exercicio da función
pública na Administración de xustiza.
7.
Posuír a capacidade funcional para o desempeño
das tarefas propias do corpo. A este respecto, se considerará que existe esta
capacidade cando se poida acadar mediante a adopción dos axustes razoables
adecuados para as persoas con discapacidade.
8.
Non
ter a condición de persoal funcionario de carreira ou de persoal laboral fixo.
9.
As persoas solicitantes deberán pagar a taxa
que estea vixente no momento de presentar a solicitude que exixe a Lei 6/2003,
do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade
Autónoma de Galicia.
▪ Requisitos específicos:
1.
Titulación.
Deberá posuír, ou estar en condicións de obter, a titulación que se esixiu na
última convocatoria publicada no BOE para acceder como persoal funcionario de
carreira ao corpo de que se trate: (Para o corpo de xestión procesual e
administrativa: título de grao, licenciatura universitaria, diplomatura
universitaria, enxeñaría técnica, arquitectura técnica ou equivalente. - Para o
corpo de tramitación procesual e administrativa: título de bacharelato ou
titulación equivalente. - Para o corpo de auxilio xudicial: título de
graduado/a en educación secundaria obrigatoria ou titulación equivalente).
2.
Para
a inclusión nos corpos de xestión procesual e administrativa e mais de
tramitación procesual e administrativa deberá acreditarse a experiencia na
utilización do procesador de tratamento informatizado de textos.
3.
Ademais, o persoal integrante das bolsas que
teña recoñecida a condición legal de discapacidade deberá acreditar, na data de
finalización do prazo de presentación de solicitudes, a compatibilidade para o
desempeño das funcións que corresponden ao corpo a que se presenta mediante
certificado ou informe expedido para o efecto polo órgano competente como
condición indispensable para formar parte das bolsas e para poder ser nomeado
como persoal funcionario interino.
Prazo e forma de presentación de solicitudes:
O prazo de presentación de
solicitudes será de quince (15) días hábiles contados a partir do día
seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.
As solicitudes presentaranse
obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado
dispoñible na Oficina Virtual do Persoal da Administración de Xustiza (OPAX),
no sitio web http://opax.xunta.es, accesible desde a páxina web da consellería
competente en materia de xustiza.
Pago da taxa:
As persoas solicitantes deberán pagar
a taxa que estea vixente no momento de presentar a solicitude que exixe a Lei
6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da
Comunidade Autónoma de Galicia, estarán exentas do pagamento:
Do importe total da taxa:
– As persoas con discapacidade igual ou
superior ao 33 %.
– As persoas que sexan membros de familias
numerosas clasificadas na categoría especial.
Do 50 % do importe:
– As persoas que sexan membros de
familias numerosas clasificadas na categoría xeral.
– As persoas que figuren como demandantes de
emprego desde, polo menos, os seis meses anteriores á data da presentación da
solicitude e non estean a percibir prestación ou subsidio por desemprego.
– As vítimas do terrorismo.
As persoas solicitantes exentas do pagamento
da taxa marcarán esta opción na solicitude.
As persoas que non estean exentas de
pagamento poderán aboar as taxas:
– De forma electrónica desde a aplicación
OPAX. Finalizado correctamente o proceso de pagamento debe finalizarse o
procedemento de inscrición presentando a solicitude.
– De forma presencial nas entidades
financeiras autorizadas. Unha vez feito o pago presencial, deberá accederse á
solicitude en OPAX e continuar o proceso de inscrición.
A persoa solicitante, despois de
comprobar que todos os datos son correctos, deberá asinar e presentar a
solicitude. Para poder asinar e presentar a solicitude, deberase dispor dun
certificado electrónico.
Unha vez presentada a solicitude, se
a persoa solicitante non está conforme cos datos presentados pode, se o desexa,
presentar unha nova solicitude dentro do prazo de presentación, só será válida
a última das solicitudes presentadas.
Todas as persoas aspirantes a formar parte das bolsas de interinos/as deberán presentar a correspondente solicitude con indicación dos corpos a que queira optar.
Para a tramitación deste procedemento
consultaranse automaticamente os datos en poder da Administración actuante ou
elaborados polas Administracións públicas, agás que a persoa interesada se
opoña á súa consulta.
En relación a valoración dos méritos
alegados rexerase polo establecido no artigo 8 da Orde do 6 de marzo de 2026.
Só se valorarán aqueles méritos que se posúan na data de publicación desta
convocatoria no Diario Oficial de Galicia.
Procedemento de configuración das listas
Finalizado o prazo de presentación de
solicitudes, e tras a correspondente valoración, publicarase mediante
resolución asinada electronicamente, no sitio web da Consellería de
Presidencia, Xustiza e Deportes (http://cpapx.xunta.gal) e mais na intranet de
Xustiza (http://intranet.xustiza.gal/), a lista provisional de persoas
admitidas.
No prazo de dez días hábiles a
partir da súa publicación, as persoas solicitantes poderán presentar as alegacións
que estimen pertinentes. As devanditas alegacións deberan presentarse de xeito
electrónico a través do formulario dispoñible na aplicación informática.
Finalizado o prazo de presentación de
alegacións, publicarase a resolución coas listas resultantes por cada corpo e
provincia ordenadas por puntuación. Cada persoa solicitante só poderá formar parte dunha única
bolsa, corpo e provincia, polo que no caso de que estea incluída en bolsas de
distintos corpos, ou en varias provincias da mesma bolsa, deberá seleccionar
aquela única na que desexe quedar. Se non o fai, entenderase que desiste de
todas as súas solicitudes. A elección deberá realizarse telematicamente no
prazo de dez días hábiles a partir da publicación das listas resultantes.
Rematado o prazo para formular a
elección, a Dirección Xeral competente en materia de Xustiza aprobará as bolsas
definitivas de persoas seleccionadas para cada corpo e provincia, ordenadas por
puntuación, que se publicarán no sitio web da Consellería de Presidencia,
Xustiza e Deportes e mais na intranet de Xustiza.
Entrada en vigor das listas
As listas definitivamente aprobadas entrarán
en vigor o día seguinte ao da súa publicación e substituirán as listas
vixentes, que quedarán anuladas nesa mesma data, sen que isto supoña ningún
dereito para os integrantes destas. Con
todo, o persoal que á entrada en vigor
estea prestando servizos como persoal funcionario interino seguirá desempeñando
o posto de traballo ata que proceda o seu cesamento.