martes, 1 de septiembre de 2026

COMDIX: convocatoria de probas nivel iniciación e intermedio

Hoxe convócase no DOG as probas de certificación para a obtención do certificado galego de competencias dixitais nos seus niveis iniciación e intermedio para o segundo semestre do ano 2026.

Como se detalla no cadro seguinte, o prazo de inscrición para o nivel intermedio é do 2 ao 11 de setembro. Para o nivel de iniciación o prazo de inscrición comeza o 26 de outubro e remata o 4 de novembro. 


Os detalles de cada convocatoria, as aulas concretas en que se realizarán as probas, os horarios asignados a cada unha delas e o número de prazas ofertadas publicaranse na web da Rede CeMIT (https://cemit.xunta.gal) cunha antelación mínima dun mes respecto á data de inicio das probas.

Na devandita web as persoas interesadas poderanse subscribir a un sistema automático de aviso ou recordatorio de apertura do prazo de inscrición nestas convocatorias, para facilitar a súa matriculación nelas.

As probas realizaranse de maneira presencial nas aulas da Rede CeMIT. As localizacións de cada aula pódense consultar na web https://cemit.xunta.gal/centros.  Co fin de facilitar a preparación das probas de certificación, ponse á disposición das persoas interesadas material formativo de apoio deseñado para proporcionar os coñecementos e competencias necesarias para afrontar as probas de cada nivel. 

O acceso a estes contidos pode realizarse en calquera momento e estarán dispoñibles permanentemente na plataforma de teleformación https://formacion-cemit.xunta.gal

O acceso voluntario aos contidos non é un requisito para matricularse nas probas de certificación nin dá dereito á expedición do certificado de competencias dixitais (ComDix), que se obterá unicamente pola superación da proba de certificación regulada nesta convocatoria.


STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras