A DXX acaba de remitirnos un mail no que se nos comunica que o borrador da resolución que regula a nova bolsa de interinos sen negociación previa se vai publicar o 17 de marzo no DOG. Alega a DXX que tivemos mesas sectoriais o día 17.01.2024 ; 23.05.2024, 17.07.2024 (a parte sindical levantouse da mesa, obviamente non se negociou nada) e a última o 4.02.2025 (STAJ alegou expresamente que non se tiña por negociado). Foi unha orde imposta que dan por negociada. Nin sequera temos constancia do texto final despois da aprobación do Consello da Xunta, nin se nos enviou ningún borrador da normativa reguladora que queren publicar.
Remítenos o borrador da convocatoria para que fagamos achegas antes do venres, 13 de marzo; é dicir, queren convocar a bolsa sen negociación previa sindical obviando que a convocatoria tamén debe negociarse, non con simples alegacións, se non en mesa sectorial.
STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras