viernes, 5 de febrero de 2021

STAJ INFORMA. Importante avance na solicitude de STAJ de creación das Oficinas de Rexistro e Repartición como servizos con entidade propia servidos por funcionarios propios

STAJ logra en solitario someter a debate da Comisión Mixta do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia a solicitude de creación das Oficinas de Rexistro e Repartición na Coruña, Lugo, Ourense, Vigo, Ferrol e Santiago (exceptuamos Pontevedra, dado que nela os funcionarios de Rexistro e Repartición xa son propios e o Servizo de Apoio funciona como tal) como servizos con entidade propia y servidos por funcionarios propios, así como que os nomeamento de funcionarios dos Servizos Comúns de Apoio sexan aprobadas exclusivamente cando se axuste ao disposto na Resolución que os regula que non son outros que a de colaborar cos órganos xudiciais en circunstancias excepcionais.

Dende o TSXG comunícannos que a Comisión Mixta, trala nosa solicitude, adoptou Acordo de constitución dunha Subcomisión para o estudo e proposta detallada desta cuestión, designándose ao efecto por parte do TSXG a dous dos seus Maxistrados, e por parte da Administración a dous membros da Conselleria de Xustiza. Consideráse necesario coñecer o dato de persoal destinado a estes servizos e o tempo medio do rexistro de asuntos para calibrar axeitadamente os efectivos necesarios.

Co xa vos informamos por noticia do 15-10-2020 STAJ presentou escrito dirixido á Dirección Xeral de Xustiza no sentido exposto e con posterioridade, e mentres esperamos unha resposta formal da DXX, remitimos escrito de contido similar ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia do que vos dimos conta en noticia de data 23-11-2020.

Como regra xeral os funcionarios destinados nos Servizos de Apoio están infrautilizados debido a unha práctica habitual consistente en destinar gran parte deles as Oficinas de Rexistro e Repartición xa que estas oficinas carecen de funcionarios propios (excepto en Pontevedra, como xa aclaramos) impedindo que se cumpra o fin fundamental da súa creación, que no é outro que o de colaborar cos órganos xudiciais en circunstancias excepcionais, tales como sobrecarga de traballo por causas conxunturais, expedientes complexos, baixas por enfermidade, licenzas de curta duración así como aqueloutros que en definitiva requiran unha resposta eficaz e sobre todo coa rapidez e prontitude debida, ou cal servirá para aliviar as carencias conxunturais que de forma continua prodúcense nos órganos xudiciais.

Sobra decir que a necesidade de funcionarios que realicen o traballo de rexistro e repartición é unha necesidade permanente mentres que os funcionarios que a cumpren, maioritariamente son dos SCA que por natureza son provisionais. De tal maneira que logo da creación das Oficinas de Rexistro e Repartición como servizos integrados nos Decanatos, pero con entidade propia (similar ao que sucede cos Servizos Comúns de Notificacións e Embargos) servidos por funcionarios propios, conseguiríase desta forma "liberar" os funcionarios dos SCA para poder realizar as funcións de apoio que lles son propias.

Dende STAJ aplaudimos o devandito acordo xa que estamos convencidos da necesidade de creación de prazas propias para as oficinas de Rexistro e Reparto deixando libres aos funcionarios dos Servizos de Apoio como vía para conseguir o correcto funcionamento deste.

Vos seguiremos informando dos avances da nova Subcomisión creada ao efecto.

VER ESCRITO PRESENTADO ANTE A DXX

VER ESCRITO PRESENTADO ANTE O TSXG


STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras