viernes, 5 de febrero de 2021

Comisións de servizo: convocatoria de prazas de nova creación

Publicado na intranet

Acaba de publicarse a Resolución do 4 de febreiro de 2021, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se convoca a provisión en comisión de servizo, de forma temporal e por petición da persoa interesada, de postos de traballo nos órganos de nova creación entre funcionarios dos corpos e escalas ao servizo da Administración de xustiza.

O prazo de presentación de solicitudes será  de 5 días hábiles  contados a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria na intranet de xustiza (http://intranet.xustiza.gal) e mais na web da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo (https://cpapx.xunta.gal/comisions-de-servizo), (do 08/02/2021 ata o 12/02/2021.)


Poderán solicitar as comisións de servizos, con exención de funcións nos seus postos actuais, o persoal funcionario de carreira dos corpos ao servizo da Administración de xustiza que se atope en situación de servizo activo no mesmo corpo dos postos que se convocan e que no prazo de presentación de solicitudes leve prestando como mínimo seis (6) meses de servizos no posto desde o que participa, xa sexa provisional ou definitivo.

As solicitudes irán acompañadas co informe, preceptivo e non vinculante, da persoa responsable do órgano, servizo ou unidade no que se atope destinado o persoal funcionario solicitante. 

As prazas que se convocan son as seguintes: 

STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras