lunes, 24 de noviembre de 2025

Convocatoria mesa de Formación para o persoal ao servizo da Administración de Xustiza en Galicia

Dende a Dirección Xeral de Xustiza convócase Mesa de Formación para o persoal ao servizo da Administración de Xustiza en Galicia (videoconferencia) na seguinte hora e data indicada: 
 
  • DATA: XOVES, 27 DE NOVEMBRO
  •  HORA: 9:30 H
 
 Orde do día:
 
       1.- Planificación do programa de formación continua da EGAP para o ano 2026  do persoal ao servizo da Administración de Xustiza en Galicia.
 
       2.- Rogos e preguntas.
 
Observacións: 
 
Xúntase a táboa de cursos programados dentro do plan de formación continua específica de Xustiza para o ano 2025, con indicación das edicións, horas e a súa taxa de demanda, incluíndose na mesma os cursos dirixidos ao persoal profesional que presta servizo no IMELGA, cursos de idioma galego dirixidos ao persoal ao servizo da administración de Xustiza xestionados pola EGAP con Política lingüística, e os cursos en materia de novas tecnoloxías.





STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras