jueves, 15 de octubre de 2020

STAJ pide a DXX a creación das Oficinas de Rexistro e Repartición a fin de “liberar” os Servizos Comúns de Apoio para realizar as funcións de apoio que lles son propias

STAJ insta á Dirección Xeral de Xustiza  que coa máxima prontitude acorde dar inicio ao procedemento correspondente para a constitución na Coruña, Lugo, Ourense, Vigo, Ferrol e Santiago dás Oficinas de Rexistro e Repartición como servizos con entidade propia, que sexan servidos por funcionarios cuxo destino sexa dita oficina; así como que se aproben as peticións de nomeamento de destino de funcionarios dos Servizos Comúns de Apoio exclusivamente cando se axuste ao disposto na Resolución  que os regula que non son outros que a de colaborar  cos órganos xudiciais en circunstancias excepcionais, tales como, sobrecarga de traballo por causas conxunturais, pendencia de asuntos, expedientes complexos, a posta en marcha de novos servizos, desenvolvemento  de programas concretos de actuación, baixas por enfermidade, licenzas de curta duración  así como aqueloutros  que en definitiva requiran unha resposta eficaz e sobre todo coa rapidez e prontitude debida, o cal servirá para aliviar as carencias conxunturais que de forma continua  prodúcense nos órganos  xudiciais.

Como regra xeral os funcionarios destinados nos SCA están infrautilizados debido a unha práctica habitual consistente en destinar gran parte dos seus efectivos as Oficinas de Rexistro e Repartición. Debido a que estas oficinas carecen de funcionarios propios, as súas funcións son realizadas polos funcionarios con destino no Decanato correspondente (excepto Pontevedra), e dado que o número de persoal dos Decanatos é insuficiente para ocuparse conxuntamente das propias funcions e as das Oficinas de Rexistro e Repartición, estas últimas nútrense con funcionarios dos Servizos Comúns de Apoio a proposta dos Decanos. Esta práctica supón, en definitiva, que gran parte dos Servizos Comúns de Apoio acabe sempre nas Oficinas de Rexistro e Repartición impedindo que se cumpra o fin fundamental da súa creación.

A utilización dos efectivos de tal xeito responde a unha necesidade estrutural e non conxuntural, é dicir, a necesidade de funcionarios que realicen o traballo de rexistro e repartición é unha necesidade permanente mentres que os funcionarios que a cumpren, maioritariamente son dos SCA que por natureza son provisionais. 

A conclusión e a solución parece obvia, a creación das  Oficinas de Rexistro e Repartición como servizos integrados nos Decanatos pero con entidade propia (similar ao que sucede cos Servizos Comúns de Notificacións e Embargos) servidos por funcionarios cuxo destino sexa precisamente as Oficinas de Repartición e non o Decanato ou o Servizo Común de Apoio. Desta forma os funcionarios dos SCA son "liberados" para poder realizar as funcións de apoio que lles son propias.



STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras